InicioCULTURARod Stewart engade o seu talento ao cartel de O Gozo Festival...

Rod Stewart engade o seu talento ao cartel de O Gozo Festival 2024

O festival amplíase a outras cidades cun concerto no concerto no Coliseum da Coruña no mes de decembro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Gozo Festival 2024, en colaboración coa Xunta de Galicia, engade un novo nome ao seu xa impresionante cartel. Rod Stewart, o icónico cantante británico, realizará un concerto no Coliseum da Coruña o vindeiro 15 de decembro, tal e como confirmou hoxe o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, durante a presentación da nova oferta musical do festival.

O artista, que acumula máis de 250 millóns de discos e singles vendidos ao longo da súa extensa carreira, incorporase á segunda edición do festival, que busca superar o éxito do ano pasado. “Esperamos que se poda repetir e incluso mellorar o excelente resultado do ano pasado cando se rexistraron máis de 40.000 asistentes entre marzo e novembro e se venderon entradas en 17 países”, sinalou Merelles.

A aposta de Galicia polos grandes festivais de música é firme, como parte dunha estratexia para dinamizar turísticamente o destino e xerar un importante retorno económico nas cidades onde se desenvolven. O Gozo Festival está pensado para diversificar a oferta turística e desestacionalizar as visitas a Galicia, ofrecendo eventos en distintas épocas do ano.

Xunto a Rod Stewart, O Gozo Festival contará este ano con actuacións de renome como Queens of Stone Age e Maná na Coruña, Ed Sheeran no Monte do Gozo, unha xornada de música electrónica e o concerto de Loreena McKennit no Auditorio Mar de Vigo.

Con máis de 52.000 entradas xa vendidas e asistentes confirmados de países tan diversos como Uruguay, Finlandia, México, Arxentina, Irlanda ou Xapón, O Gozo Festival 2024 promete ser unha cita inesquecible para os amantes da música en Galicia e visitantes de todo o mundo.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here