InicioSOCIEDADEO futuro Centro de Protonterapia podería comezar a recibir pacientes en 2026

O futuro Centro de Protonterapia podería comezar a recibir pacientes en 2026

Unha delegación do Consello de Seguridade Nuclear (CSN) do Estado reuniuse este xoves co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, no marco do proceso de acreditación do Centro de Protonterapia que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) está a construír na contorna do Hospital Clínico de Santiago.

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha delegación do Consello de Seguridade Nuclear (CSN) do Estado reuniuse este xoves co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, no marco do proceso de acreditación do Centro de Protonterapia que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) está a construír na contorna do Hospital Clínico de Santiago.

Tras este encontro, tanto o conselleiro como a delegación do CSN visitaron as obras destas instalacións que prevé empezar a recibir pacientes en 2026 se todo vai segundo os prazos previstos, tal e como confirmou Gómez Caamaño en declaracións aos medios nun acto posterior á reunión. O titular de Sanidade explicou que este centro debe contar co visto e prace do Consello de Seguridade Nuclear, porque alí se vai a empregar radiación e isto “ten uns controis moi estritos”. Por iso, este organismo desprazouse ata Santiago para “empezar xa” o proceso de acreditación.

As obras do Centro de Protonterapia arrincaron este ano e, contando con que a súa construción levará un ano, máis a instalación da maquinaria (doada pola Fundación Amancio Ortega), “a mediados de 2026” poderase recibir aos primeiros pacientes. Pola súa banda, o Consello de Seguridade Nuclear emitiu un comunicado no que explica que a reunión tivo como obxectivo “a revisión das etapas de execución do proxecto xunto cos requirimentos regulamentarios e administrativos necesarios” para licenciar a instalación.

A súa delegación estivo composta pola subdirectora de Protección Radiolóxica Operacional, Isabel Villanueva, e a xefa de área de instalacións radioactivas médicas, María Luisa Ramírez. Ambas destacaron a importancia destes encontros para que as institucións poidan afrontar o proceso de licenciamento “coas máximas garantías posibles e de forma coordinada”. De tal forma, durante a construción sucederanse os intercambios de información e documentación, así como o desenvolvemento de actividades de avaliación e supervisión por parte do CSN de todas as etapas para garantir a seguridade e protección radiolóxica do centro.

ÚLTIMAS

Cáritas de Santiago atende a máis de 46.000 persoas en 2024, un 8% máis que o ano anterior

Cáritas Diocesana de Santiago destacou que atendeu a 46.512 persoas en 2024, un incremento...

Detidas 16 persoas pola estafa do “falso sicario” a usuarios de páxinas de citas

A Policía Nacional detivo 16 persoas no marco da 'Operación Bachata', entre elas dúas...

Germán Prieto lanza o seu novo disco ‘Destino’: unha viaxe musical entre a emoción e a técnica

O recoñecido guitarrista e compositor Germán Prieto presenta o seu esperado novo álbum 'Destino'...

O centro de saúde de Conxo renóvase para estar listo a comezos de 2026

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou este mércores as obras de rehabilitación...