InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOGoretti Sanmartín presenta en Suíza a oferta de turismo cultural do Grupo...

Goretti Sanmartín presenta en Suíza a oferta de turismo cultural do Grupo Cidades Patrimonio

"As nosas 15 cidades conforman un percorrido xeográfico que implica unha diversidade e unha riqueza inmensa en aspectos como a paisaxe e o clima, pero tamén en influencias culturais ao longo da historia, a gastronomía ou o idioma", salientou Goretti Sanmartín.

Publicado o

Xornal de Compostela

A vicepresidenta do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade e alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou en Zúric a oferta turística e cultural das 15 urbes. A presentación produciuse este martes pola tarde, nun acto ao que asistiron máis dun cento de profesionais de axencias de viaxes, empresas do sector de reunións e congresos, así como medios especializados.

No marco desta acción conxunta con Turespaña e Paradores, a vicepresidenta do Grupo destacou a singularidade das cidades e resaltou que, en conxunto, “representan un percorrido único e extraordinario a través da historia, da arte, do territorio, do coñecemento e da diversidade cultural e lingüística”. O acto contou coa asistencia de diversas autoridades e a alcaldesa de Santiago de Compostela acudiu a esta cita en representación do actual presidente do Grupo e alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez.

“As nosas 15 cidades conforman un percorrido xeográfico que implica unha diversidade e unha riqueza inmensa en aspectos como a paisaxe e o clima, pero tamén en influencias culturais ao longo da historia, a gastronomía ou o idioma”, salientou. Ao tempo, resaltou que visitar as 15 cidades patrimonio ofrece a posibilidade de penetrar “en lugares únicos no mundo” que, tal e como recolle a declaración da Unesco, “teñen un carácter excepcional polo seu carácter universal e constitúen unha fonte irremprazable de vida e de inspiración”.

CAMIÑAR CARA A UN TURISMO “SUSTENTABLE”

Neste sentido, lembrou que un dos obxectivos do Grupo “é o respecto e a promoción do patrimonio xunto coa concienciación e a sensibilización para camiñar cara a un turismo sustentable”. Ao final do evento, Goretti Sanmartín destacou que o sector profesional suízo evidenciou “ter un interese real por un turismo que sexa diferente, que sexa consciente da importancia da riqueza cultural nun sentido amplo dos lugares que visita e, por tanto, un tipo de visitante que sexa respectuoso coa comunidade local”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...