InicioPOLÍTICAA xunta de Goberno aproba o proxecto de ordenanza que regulará as...

A xunta de Goberno aproba o proxecto de ordenanza que regulará as vivendas de uso turístico e que irá ao próximo pleno

Agora, o proxecto remitirase aos membros da Comisión Informativa de Urbanismo para que, en cinco días, presenten as emendas que estimen oportunas.

Publicado o

Xornal de Compostela

A xunta de Goberno local aprobou o proxecto da Ordenanza que regula a comunicación ao Concello de Santiago dos usos de hospedaxe asimilados a vivenda, as coñecidas como VUTS. Así o sinalou o concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, que compareceu este luns ante os medios para dar conta dos asuntos tratados na xunta de goberno local. Agora, o proxecto remitirase aos membros da Comisión Informativa de Urbanismo para que, en cinco días, presenten as emendas que estimen oportunas. As emendas deberán presentarse no Rexistro do Pleno, xa que a proposta debaterase no próximo pleno.

A Xunta de Goberno tamén aprobou a dotación de crédito extraordinario (375.210 euros) para atender a execución da sentenza ditada no procedemento ordinario que declara o dereito da empresa Viaqua a percibir unha compensación polos maiores custos derivados da explotación da ampliación da EDAR de Silvouta. Ademais, acordaron conceder o Premio de Ensaio, Investigación e Creación Audiovisual Xohana Torres, edición 2022, na súa ‘Modalidade Creación Audiovisual’ a Rosalía Quiroga Trasorras polo seu traballo ‘Mal olladas’, cunha dotación de 2.500 euros.

Lestegás tamén destacou outros temas, como as obras de mellora na accesibilidade de varios centros de educación pública, a autorización de uso de varias hortas urbanas municipais, así como a toma de coñecemento da firma de varios convenios de colaboración con entidades como Cruz Vermella para o Servizo Municipal de Urxencias Sociais (100.000 euros) e para programas de teleasistencia e de atención a persoas sen fogar (85.000 euros).

Así mesmo, informou de que quedou deserta a licitación das Obras de execución do proxecto de mellora e acondicionamento do local sociocultural de Enfesta e de que se solicitou o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para o edificio de investigación para o IDIS.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O PSdeG reclama definir o destino dos ingresos da taxa turística no orzamento municipal de 2026

O Grupo Municipal Socialista en Santiago trasladará ao pleno deste mes de abril a...

O Goberno local atribúe a problemas técnicos o atraso nas bolsas de comedor

O Goberno local de Santiago respondeu ás críticas formuladas polo Partido Popular sobre o...

O PP denuncia cinco meses de atrasos nos pagamentos das bolsas de comedor e actividades en Santiago

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Borja Rubio, denunciou este martes en rolda...