InicioSOCIEDADEFolga nas ambulancias da área Santiago-Barbanza por reiterados incumprimentos das condicións laborais

Folga nas ambulancias da área Santiago-Barbanza por reiterados incumprimentos das condicións laborais

Denuncian que en Ambulancia Casablanca danse circunstancias como que "se cambian xornadas de mañá á tarde" e viceversa "sen previo aviso"; os traballadores teñen que "lavar os uniformes en casa"; as horas extra "non se abonan" e "presiónase" aos empregados que o reclaman.

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

CIG anunciou este luns o inicio dun calendario de folgas e mobilizacións aos que estarán convocados os traballadores do servizo de transporte sanitario non urxente da área de Santiago-Barbanza, por “incumprimentos en varias materias” por parte de Ambulancias Casablanca, unha das dúas compañías que conforman a UTE (unión temporal de empresas) concesionaria.

O primeiro paso será este xoves, 13 de xuño, cunha concentración ante a sede desta firma no barrio compostelán de Fontiñas. Xa o vindeiro luns, 17 de xuño, haberá unha folga que afectará a 22 empregados da empresa. Se non se atende ás súas reivindicacións, celebrarase outra folga na semana do 24 ao 28 en Ambulancias Casablanca, pero a partir do luns 1 de xullo esta medida poderíase estender a todo o servizo (máis de 80 traballadores) ao convocarse para toda a UTE, polo que se unirían os seus compañeiros en Ambulancias do Cantábrico.

Así se anunciou nunha rolda de prensa celebrada este luns en Santiago na que participou o responsable de Transportes da CIG, Ignacio Pavón, xunto a representantes deste sindicato nas dúas compañías concesionarias. Segundo denunciou, os empregados do transporte sanitario non urxente de Santiago-Barbanza levan “meses con incumprimentos” en asuntos que non teñen que ver nin con reivindicacións salariais nin de horario, por exemplo os cuadrantes, a limpeza e desinfección dos vehículos e a falta de pago das horas extra.

Tal e como aseverou Pavón, en Ambulancias Casablanca danse circunstancias como que “se cambian xornadas de mañá á tarde” e viceversa “sen previo aviso”; os traballadores teñen que “lavar os uniformes en casa”; as horas extra “non se abonan” e “presiónase” aos empregados que o reclaman. Ademais, criticou que a empresa se salta a orde de contratación cando xorde unha praza fixa e “meten a familiares”. Isto, non entanto, non o ven mal, pero piden “que teñan a titulación e respecten a orde”.

XA HOUBO VARIAS REUNIÓNS

“Son moitas pequenas cousas”, aseveran os representantes da parte social. Xa tiveron varias reunións coa dirección da empresa pero, aínda que se comprometeu a liquidar estas deficiencias, a súa actitude é a de “deixarse ir e non cumprir”. Ante este contexto, iniciarán un calendario de mobilizacións este venres coa concentración e o luns coa folga. A única maneira de frealo, explicou Pavón na rolda de prensa, sería con “cumprimentos” e “por escrito”, pois xa non lles vale co compromiso.

“Sempre que (Ambulancias Casablanca) queiran falar imos ir, pero non pode ser que se nos diga o mesmo e tres días despois non se cumpra”, aseverou o sindicalista. Ignacio Pavón tamén puxo o foco, ao ser preguntado polos medios, en que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a Xerencia da área sanitaria son “perfectamente coñecedores” da situación do servizo de ambulancias, porque “se falou” con eles e “denunciouse publicamente”.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ dedica xuño á saúde oncolóxica e aos coidados coa colaboración de D’Aldea e Abeiratúa

A campaña '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedicará o mes de xuño a visibilizar o...

Traballadores de escolas infantís e centros de discapacidade colapsan San Caetano contra a precariedade laboral

O conflito laboral nos sectores da discapacidade, da atención a menores e da educación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here