InicioPOLÍTICAOs composteláns outorgan ao PP o 40,8% dos votos nas eleccións europeas

Os composteláns outorgan ao PP o 40,8% dos votos nas eleccións europeas

O PP estivo a tan só 2 escanos do PSOE en España e o BNG conseguiu finalmente un escano no Parlamento Europeo

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A noite electoral fixo coñecer ás 23:00 os resultados das eleccións europeas, nas que os santiagueses outorgaron o 40,83% do votos ao Partido Popular, 13,62 puntos máis que nas anteriores eleccións europeas.

En segunda posición quedou o Partido Socialista, con tan só un 24,52% dos votos, seguido do BNG, que formaba xunto con Bildu e ERC a coalición Agora Repúblicas, un 21,21% (6,19 puntos máis que nos comicios anteriores) e Vox, que tamén subiu en votos na capital galega.

A nivel galego, o PP obtivo a mesma aplastante maioría que a nivel local, cun 43,62% dos votos, cun panorama moi similar ao da urbe compostelá.

A vitoria das dereitas fíxose ver tamén a nivel nacional, cun Partido Popular que repartiu 22 escanos (fronte aos 13 que repartira en 2019) e Vox con 6 (fronte aos 4 das anteriores eleccións). Os socialistas perden en España un eurodeputado, quedando con 20. Por outra banda, a coalición Ahora Repúblicas suma 3 escanos, polo que o escano que se debatía para a candidata nacionalista Ana Miranda, do BNG, quedou finalmente consolidado. Sumar, pola súa banda, queda con 3 eurodeputados e Podemos con 2. A sorpresa chegou coa agrupación emerxente ‘Se acabó la fiesta’, que logrou acadar 3 eurodeputados. Os dous escaños restantes foron para Junts (1) e CEUS (1).

Cabe destacar que este ano España reparte 61 eurodeputados no Parlamento Europeo, 2 máis que no 2019, xa que debido ao Brexit se reestruturou esta proporción na cámara.

RESULTADOS A NIVEL EUROPEO
En Europa segue a dereita á cabeza, polo que o panorama político non queda moi diferente respecto do español, aínda que o Partido Popular Europeo deberá decidir se decide arrimarse á ultradereita ou manter a alianza cos socialdemocrátas, os verdes e os liberais, que nestes ultimos comicios perderon parte da súa presenza.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here