InicioPOLÍTICAA participación ás 14:00 en Santiago ascende ao 28,41%, case 4 puntos...

A participación ás 14:00 en Santiago ascende ao 28,41%, case 4 puntos menos que en 2019

Os datos de participación en comparación cos anteriores comicios europeos poden estar influenciados por coincidir estes últimos cos municipais

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O avance de partipación para esta xornada na cidade de Santiago foi dun 28,41%, segundo se deu a coñecer ás 14:00. Isto supón un descenso dun 3,88% respecto ás últimas eleccións europeas no ano 2019, nas que a participación estivo posiblemente influenciada por coincidir cos comicios municipais.

Esta porcentaxe supera á media do territorio galego, que no seu conxunto sumaba ás 14:00 un 26,49% de partipación, con tan só medio millón de electores, un 6,43% menos que no ano 2019.

No conxunto de España, esta porcentaxe é un 28%, un 6,74% menos que nas últimas eleccións, con case 10 millóns de votantes. A comunidade autónoma con máis participación até o momento é o País Valecià, cun 33,15%, fronte a un 16% das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, á cola dos datos de participación.

PARTICIPACIÓN POR CIDADES E NA COMARCA COMPOSTELÁ

Entre as cidades galegas, Pontevedra e A Coruña son as que máis participación obtiveron durante as votacións desta mañá, cun 28,26% e un 28,01% respectivamente.

Entre as que menos participación rexistraban ás 14:00 atópanse Vigo (27,71%) e Ferrol (27,83%).

Pola súa banda, no resto de concellos da comarca compostelá as participacións foron semellantes, con Boqueixón á cabeza (31,71%), seguidas de Vedra (28,43%), Teo (27,05%), Val do Dubra (26,87%), Ames (25,02%) e Brión (23,24%).

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here