InicioPOLÍTICAAsí votaron os líderes galegos: Besteiro e Pontón, os primeiros, agardan unha...

Así votaron os líderes galegos: Besteiro e Pontón, os primeiros, agardan unha importante mobilización

A portavoz do BNG manifesta a importancia de decidir o papel de Galicia e o modelo de Europa desexado

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dixo que espera unha “importante mobilización” este domingo de eleccións europeas, á vez que apelou a toda a cidadanía a “decidir que Galicia en Europa quere”. En declaracións aos medios tras votar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago sobre as 10.30 horas, a líder nacionalista manifestou que exerceu este dereito “con toda a ilusión” e coa “convicción” de que Galicia se xoga “moito en Europa”.

“Hoxe é un día para reclamar que a cidadanía vote. Que os galegos e galegas voten pensando en quen pode defender mellor os seus intereses en Europa. Que voten pensando no que nos estamos xogando neste momento e que utilicen o poder que lle dá o voto para decidir que Galicia en Europa queren e tamén que modelo de Europa desexan para o futuro”, explicou.

Pontón, acompañada da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, entre outros, desexou unha “participación relevante” e “importante” nos comicios comunitarios.

Así, a portavoz nacional do Bloque –que acode a estas eleccións na coaliación Agora Repúblicas– lembrou que o voto é “un dereito” que custou “moito tempo conquistar” e insistiu na idea do “importante” que é decidir “cal é o papel” tanto de Galicia en Europa como da propia Europa “no mundo”.

BESTEIRO, O MÁIS MADRUGADOR

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, foi o líder político galego máis madrugador e acudiu ao seu colexio electoral en Lugo sobre as 9.30 horas da mañá deste domingo. Tras exercer o seu dereito a voto, apelou á cidadanía a participar nos comicios europeos. “Votar por Europa é votar por nós”, dixo, en declaracións aos medios, tras depositar a papeleta nunha das urnas do CEIP Rosalía de Castro de Lugo.

O líder dos socialistas galegos lanzou unha mensaxe clara pola participación: “É moi importante, porque Europa está moi presente nas nosas vidas e o que pase en Europa aféctanos directamente”.

“Así que ánimo, a votar por unha Europa forte fronte a quen pretende destruíla”, insistiu Besteiro.

 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Sanmartín valora positivamente, pero non totalmente, as reunións sobre os orzamentos de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou unha valoración "positiva", aínda que non "totalmente...

A Policía Nacional desarticula un punto de venda de drogas en Fontiñas tras deter un home na súa vivenda

A Policía Nacional detivo en Santiago un home ao que se lle atribúe un...

O PSOE pide á Xunta unha nova residencia universitaria en Santiago e un banco público de alugueiro para mobilizar vivendas baleiras

O socialista Aitor Bouza presentou este venres as novas propostas do Partido Socialista en materia...

Concello e sindicatos adían a resolución do conflito con bombeiros e policías para estudar as propostas

O Concello de Santiago e as organizacións sindicais acordaron darse uns días para revisar...

Sanmartín valora positivamente, pero non totalmente, as reunións sobre os orzamentos de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou unha valoración "positiva", aínda que non "totalmente...

O PSOE pide á Xunta unha nova residencia universitaria en Santiago e un banco público de alugueiro para mobilizar vivendas baleiras

O socialista Aitor Bouza presentou este venres as novas propostas do Partido Socialista en materia...

A alcaldesa reivindica os avances na reposición de persoal en Policía e Bombeiros

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, avanzou que o Concello celebrará a próxima semana...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here