InicioSANTIAGOA USC continúa entre as mellores universidades do mundo segundo o ranking...

A USC continúa entre as mellores universidades do mundo segundo o ranking QS

Publicado o

Xornal de Compostela

 

O ranking QS World University Rankings 2025 volveu a incluír á Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre as mellores universidades do mundo, situándoa no posto 651-660 tras avaliar un total de 5.663 institucións de 106 localizacións, 35 delas en España.

Diso informou a USC nun comunicado, no que lembra que na pasada edición estaba no rango 701-710. En concreto, destaca de novo nos ámbitos correspondentes á participación en redes internacionais de investigación, reputación académica e sustentabilidade.

Para a elaboración desta lista, a puntuación confórmase medindo a reputación a través de sondaxes e dunha serie de indicadores oficiais que conforman unha metodoloxía que sitúa este ranking entre os máis fiables.

Entre as 35 universidades do Estado avaliadas, a de Santiago de Compostela destaca no número de citacións do seu persoal investigador, na reputación académica, nas redes internacionais de investigación e na taxa de empregabilidade.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...