InicioSANTIAGOO xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza presenta aos novos...

O xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza presenta aos novos membros do equipo directivo

Anxo Facio Villanueva destaca o liderado da área grazas ao prestixio dos seus profesionais

Publicado o

Xornal de Compostela

O xerente da área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Anxo Facio Villanueva, presentou este luns aos novos membros do equipo directivo ante os profesionais da sanidade pública compostelá.

No salón de actos do Hospital Clínico e por streaming, ante os mandos intermedios do persoal sanitario e non sanitario, así como representantes sindicais dos traballadores, o doutor Facio presentou ao novo director de procesos, Javier Ventosa; ao director de atención hospitalaria, Luís G. Taboada; á directora de enfermaría, Isabel Campos; e ao subdirector de Humanización e Atención á Cidadanía, Juan Manuel González.

No encontro, do que informou a Área Sanitaria nun comunicado, o xerente agradeceu publicamente o labor realizado polo equipo saínte e destacou o liderado desta área no ámbito asistencial, docente e investigador grazas ao prestixio dos seus profesionais.

Así mesmo, sinalou a gran importancia do traballo de todos os profesionais da sanidade pública compostelá, subliñando que todas as persoas que as conforman son fundamentais.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...