InicioPOLÍTICAA Xunta de Goberno aproba as listaxes de admitidos nas escolas infantís...

A Xunta de Goberno aproba as listaxes de admitidos nas escolas infantís municipais

Os admitidos poderán formalizar a matrícula entre o 11 e o 18 de xuño

Publicado o

Xornal de Compostela

A xunta de goberno local de Santiago de Compostela aprobou as listas definitivas de admitidos, excluídos e lista de espera nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2024-2025, con 44 persoas en lista de espera.

Segundo explicou en rolda de prensa a portavoz municipal, Míriam Louzao, estas listas serán publicadas e abrirase o prazo de matrícula entre o 11 e o 18 de xuño. En total, presentáronse 259 solicitudes para as tres escolas. Delas, cubríronse 212 prazas e 44 permanecen en lista de espera, maioritariamente (38) para o tramo de 0 a 1 anos.

Louzao indicou que moitas familias solicitan praza en varias escolas, polo que as listas de espera “varían” e é posible que “queden moitas menos persoas, ou mesmo ningunha”.

Doutra banda, o equipo de goberno aprobou a concesión dos premios do concurso de escaparates de Nadal e designou aos membros do xurado da XVII edición do Premio Internacional ‘Compostela’ para Álbums Ilustrados (2024).

ARQUIVO DOCUMENTAL

Ademais, aprobouse a adhesión ao convenio de colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a implantación do sistema de xestión documental ‘ARQA’ nos arquivos públicos municipais.

Segundo Louzao, o arquivo municipal nunca contou cun programa de xestión documental e, con este acordo, “eméndase” esta carencia “que é bastante relevante”.

Tamén se aprobou o envío en depósito desde o arquivo municipal ao arquivo histórico universitario dunha serie de expedientes dentro do convenio coa USC. Son un total de 307 caixas e 36 libros de documentación, detallou Louzao.

OUTROS CONVENIOS

Por outra banda, a xunta de goberno local aprobou un convenio con Cáritas Diocesana para financiar o programa de atención primaria-interparroquial e o programa Alares de Inclusión Residencial – Liña de Vivendas de Transición á Autonomía, cunha contía de 120.000 euros.

Tamén se acordou destinar 45.000 euros á Fundación Monte do Gozo, 5.000 euros á Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela e outros 5.000 euros á Asociación ‘Fonte da Virxe’ de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais para financiar o ‘Programa de Respiro Familiar, Lecer e Benestar’.

Ademais, pola vía de urxencia, aprobouse un convenio de colaboración coa Federación Galega de Judo e Disciplinas Asociadas, cunha subvención de 6.000 euros; outro convenio coa Escola de Tempo Libre Don Bosco para financiar o proxecto de intervención educativa e integración no tempo libre ‘Un lugar para ti’, cunha contía de 5.000 euros; e un convenio co Colexio da Avogacía de Santiago por importe de 2.000 euros.

ÚLTIMAS

Santiago incorpora tres novas illas de compostaxe comunitaria e xa suma 15 en funcionamento

O Concello de Santiago continúa a avanzar no seu modelo de compostaxe cun total...

O Concello de Ames aproba a licitación para mellorar rúas en Bertamiráns e Ortoño

O Concello de Ames deu un novo paso no seu plan de mellora viaria...

O CiQUS crea microgotas sintéticas que replican funcións básicas das células vivas

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de...

Santiago executa obras de mellora no pavimento de chapacuña en varias rúas do centro

O Concello de Santiago está a desenvolver este verán un plan de reparación e...

O PP critica as continuas avarías do ascensor de Triacastela e pide un plan de mantemento

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Adrián Villa, instou ao executivo municipal do...

O PP reclama melloras de seguridade viaria nos accesos ao colexio ‘Quiroga Palacios’

Os concelleiros do Partido Popular en Santiago, Olaya Otero e José Ramón de la...

O Concello de Santiago rexeita as “escusas” para non declarar a cidade zona tensionada

A concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica de Santiago de Compostela,...