InicioSANTIAGOXan Duro celebra o éxito do festival O Son do Camiño

Xan Duro celebra o éxito do festival O Son do Camiño

O concelleiro de mobilidade eloxia a seguridade e a mobilidade durante o evento

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Mobilidade de Santiago de Compostela, Xan Duro, celebrou o “éxito” do festival O Son do Camiño, celebrado esta fin de semana na capital galega, “desde todos os puntos de vista, musical e de participación”, e valorou positivamente os dispositivos de seguridade e de mobilidade.

En rolda de prensa este luns, o edil sinalou que aínda que “houbo algún atasco puntual o xoves no inicio da chegada da xente que viña acampar”, apenas recolleron queixas e as incidencias resolvéronse “rápido”.

Duro aproveitou para agradecer “o traballo enorme” da Policía Local, de Protección Civil e do transporte urbano de Santiago. “Este é un festival que vén desde 2018; está bastante rodado e están a funcionar moi ben as cousas”, aseverou.

Ademais, cuestionado polo funcionamento durante os primeiros días de desdobramento da liña de bus que vai ao aeroporto (6A), Xan Duro tamén afirmou que está a funcionar “moi ben” e con “moi poucas incidencias”.

Neste sentido, apuntou que “non se están saturando os buses” e que mesmo durante O Son do Camiño a Liña 6 “moveu moi ben á xente” con cheos en “momentos moi puntuais”.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...