InicioSOCIEDADEO Gaiás oferta o campamento de natureza 'Raíces e ás' para conciliar...

O Gaiás oferta o campamento de natureza ‘Raíces e ás’ para conciliar durante o verán

O campamento ofértase nas mañás da semana inmediatamente posterior ao final do curso escolar e na anterior ao arranque do próximo ano lectivo 80 prazas destinadas a nenos de entre 4 e 14 anos.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cidade da Cultura programa este verán o campamento urbano ‘Raíces e ás’, unha proposta concibida para facilitar ás familias a conciliación na última semana de xuño e a primeira de setembro e tamén para crear entre os nenos unha conciencia ambiental sólida, fomentando valores como o vínculo coa natureza, o espírito de descubrimento, a creatividade, a igualdade, a convivencia e o traballo en equipo.

O campamento ofértase nas mañás da semana inmediatamente posterior ao final do curso escolar e na anterior ao arranque do próximo ano lectivo 80 prazas destinadas a nenos de entre 4 e 14 anos. Os participantes gozarán dun “completo programa de actividades lúdicas, amenas e formativas” para achegarse á biodiversidade dos espazos verdes do monte Gaiás “nun ambiente de igualdade, respecto e convivencia”.

Entre as actividades programadas inclúense desde a construción de refuxios de morcegos e hoteis de insectos para a súa colocación posterior no Parque do Lago, á procura de pegadas de animais ou o recoñecemento de árbores e plantas, xincanas nos espazos verdes, actividades teatrais, ou ata unha noite de acampada no Bosque de Galicia (incluída só para o grupo de nenos de maior idade, a partir de 8 anos).

O campamento organízase en dúas quendas semanais, do 24 ao 28 de xuño e do 2 ao 6 de setembro, e dous tramos de idade diferenciados (de 4 a 7 anos e de 8 a 14 anos). As actividades desenvolveranse na Cidade da Cultura de 10.00 a 15.00 horas, de luns a venres, con servizo de madrugadores baixo demanda, desde as 8.00 horas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...