InicioSANTIAGOAcuaes licita a acometida eléctrica para a nova estación depuradora da Silvouta...

Acuaes licita a acometida eléctrica para a nova estación depuradora da Silvouta en Santiago

O proxecto conta cun orzamento de 2,1 millóns de euros e un prazo de execución de 13 meses

Publicado o

Xornal de Compostela

A sociedade mercantil estatal Augas das Concas de España (Acuaes), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, licita as obras da acometida eléctrica da nova estación depuradora da Silvouta cun orzamento de 2,1 millóns de euros e un prazo de execución de 13 meses.

Acuaes está a executar a nova EDAR, xa en construción, cun investimento global de 60 millóns de euros. En relación a este proxecto, a liña eléctrica de media tensión será de 2,5 quilómetros e estará completamente soterrada.

Despois de finalizar os traballos de explanación xeral e a montaxe do campamento de obra, os traballos na nova depuradora céntranse agora na execución dos desvíos dos colectores da instalación actual que afectan á implantación.

No mes de xuño, comezarán a executarse os formigóns, iniciando polo pozo de grosos e bombeo de auga bruta no pretratamento e coa galería de servizo situada entre a decantación primaria e o reactor biolóxico.

As obras da EDAR e da acometida eléctrica serán cofinanciadas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, cun convenio asinado co Concello de Santiago e a Xunta.

DEPURADORA DE AROUSA

Por outra banda, tal e como informou o pasado luns Acuaes, este martes licítase a nova depuradora da Illa de Arousa, cun importe de 8,4 millóns de euros.

Este martes enviouse ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) para a súa publicación o anuncio da licitación do contrato de execución e posta en marcha da depuradora.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...