InicioCULTURAO conselleiro de Cultura resalta o papel de Galicia Escena PRO na...

O conselleiro de Cultura resalta o papel de Galicia Escena PRO na dinamización das artes escénicas

O conselleiro de Cultura asiste á primeira xornada da feira con máis de 200 profesionais en Santiago de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acudiu este luns ao Teatro Principal de Santiago á representación do espectáculo ‘Noso’ de Os Náufragos Teatro, onde destacou a importancia de Galicia Escena PRO para a dinamización das artes escénicas.

Este espectáculo enmárcase dentro das actividades previstas para a primeira xornada da feira promovida pola Xunta e a asociación Escena Galega para favorecer a contratación de espectáculos galegos por parte de espazos culturais, circuítos e mostras de dentro e fóra de Galicia.

Segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, López Campos defendeu que esta iniciativa supón un “gran escaparate para todos os profesionais do sector que durante catro días enchen de cultura a capital de Galicia”.

A 11ª edición de Galicia Escena PRO reúne ata o 30 de maio a máis de 200 profesionais da produción, distribución e programación das artes escénicas en Santiago de Compostela. Este ano, o mercado ofrece un amplo abanico de actividades composto por unha vintena de espectáculos de diferentes disciplinas e formatos, tanto de compañías de ampla traxectoria como de novos nomes que se están consolidando no actual panorama escénico galego, presentacións ‘pitching’ doutros 12 proxectos e dúas mesas redondas sobre os principais retos no ámbito da programación cultural.

Ademais do Museo das Peregrinacións, nesta edición a Igrexa da Universidade sumouse como espazo de exhibición da feira aos xa habituais Auditorio Abanca, Salón Teatro e Teatro Principal. As prazas da Quintana e de San Martiño Pinario repiten, así mesmo, como escenarios para circo e danza, e a Sala Riquela para o concerto programado como actividade paralela, que nesta ocasión ofrecerá Sabela na noite do mércores.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...