InicioSANTIAGOO Concello solicita á Xunta ampliar o número de licenzas de taxi

O Concello solicita á Xunta ampliar o número de licenzas de taxi

A capitalidade, a relevancia dos servizos públicos da cidade e a afluencia turística son algúns dos motivos que dá o Concello para o aumento de licenzas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela aprobou esta mañá, durante a sesión da Xunta de Goberno Local, un estudo de mobilidade que xustifica a necesidade de incrementar o número de licenzas de taxi na cidade. Este documento será agora enviado á Xunta de Galicia, que deberá emitir un informe vinculante sobre a proposta. Segundo o estudo, aínda que Santiago cumpre coa ratio legal dunha licenza por cada 1.000 habitantes, a realidade demanda un aumento debido a factores como a capitalidade, a relevancia dos servizos públicos e a afluencia turística.

O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, explicou que a cidade experimentou un crecemento significativo na poboación vinculada, que inclúe non só residentes, senón tamén persoas que traballan, estudan ou pasan longos períodos de tempo en Santiago. “Contamos con que por cada 100 persoas residentes no noso municipio, hai outras 77 con vínculos na cidade”, afirmou o concelleiro, resaltando a necesidade de adaptar a oferta de transporte público a esta realidade.

Segundo datos do Concello, Santiago de Compostela precisa de 29 licenzas adicionais para satisfacer adecuadamente a demanda actual. Este incremento proposto busca non só cubrir o déficit actual senón tamén responder ao aumento de turistas e peregrinos, cuxos números case se duplicaron nos últimos dez anos.

O informe tamén pon énfase na importancia de incrementar o número de taxis adaptados para persoas con mobilidade reducida. Actualmente, Santiago conta con 10 taxis adaptados, un número que, aínda que cumpre os requisitos legais mínimos, considerase insuficiente dada a alta porcentaxe de poboación vinculada e o progresivo envellecemento dos habitantes da cidade. “A metade das novas licenzas que se solicitan deben ser para vehículos adaptados”, insistiu o concelleiro.

Ademais, durante o proceso de consulta, recibíronse alegacións de varias asociacións e entidades, incluíndo a Unión de Consumidores de Galicia e diferentes asociacións do sector do taxi. A pesar das contradicións entre as diferentes alegacións, a Xunta de Goberno decidiu rexeitar estas propostas e proceder coa tramitación do estudo tal e como foi aprobado.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here