InicioSANTIAGOAMESEstudantes de Negreira visitan o espazo colaborativo A Proa en Milladoiro

Estudantes de Negreira visitan o espazo colaborativo A Proa en Milladoiro

Alumnado do IES Xulián Magariños coñece a experiencia laboral de coworkers e as oportunidades do coworking

Publicado o

Xornal de Compostela

Un grupo de 30 persoas, 27 alumnos e 3 profesores, do IES Xulián Magariños, de Negreira, visitaron esta mañá as instalacións do espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, para coñecer a experiencia laboral de varios/as coworkers. Parte do alumnado está cursando o primeiro curso do ciclo medio de Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes, mentres que outra parte cursa o primeiro curso do ciclo medio de Administración de Sistemas Informáticos en Rede.

Foron recibidos polo alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica e Innovación, Ana Belén Paz, e maila concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto. O alcalde díxolles que “é moi importante proporcionar espazos de traballo ás persoas con ideas novas, con iniciativa, para que teñan un lugar onde desenvolverse e que permita fomentar as sinerxías e colaboración entre os sectores económicos e os axentes sociais”.

A concelleira de Promoción Económica e Innovación, Ana Belén Paz, destacou “este coworking está aberto a calquera proxecto, e para nós sería un orgullo que, unha vez finalizados os vosos ciclos, quixerades solicitar un posto neste espazo para medrar e desenvolvervos profesionalmente”. Tamén lles explicou o funcionamento do espazo e animou ao alumnado a presentar os seus proxectos para solicitar un posto nel. Por último, sinalou que “esta visita naceu na feira das profesións celebrada o pasado mes de abril”, unha cuestión que a concelleira destacou “como imprescindible para a creación de sinerxías entre o tecido educativo e o empresarial”.

Por outra banda, a concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto, agradeceu o interese do alumnado por asistir, e a colaboración do centro e do profesorado. “Non dubidedes en empregar este espazo e os seus recursos para darlle forma ás vosas ideas e proxectos da man dos profesionais que traballan en A Proa”.

EXPERIENCIA DAS COWORKERS

Trala intervención do alcalde e concelleiras, deuse paso a varias persoas usuarias do espazo, que lles contaron ao alumnado a súa experiencia laboral e que traballo realizan no espazo colaborativo A Proa. O primeiro en intervir foi Marcos Estévez, enxeñeiro forestal e consultor en bioeconomía, da empresa Amonte, que realiza traballos de xestión agroforestal para persoas.

A continuación interviu Rosa Taboada, de Martela Films, que vai desenvolver un dos proxectos seleccionados do Ames AV LAB. As labregas, dirixida por Rosa Taboada, é unha serie de ficción baseada en feitos reais que conta a historia dunha muller urbanita que chega ao concello de Ames, onde atopa unha serie de cartas que a levan a descubrir a historia das mulleres da súa familia.

Tamén interviron Álvaro Liste e Noelia Papín de Serea Films. Esta produtora audiovisual con sede na localidade do Milladoiro recibiu no pasado mes de marzo o premio Mestre Mateo a mellor documental por Os espazos en branco. Ademais, Serea Teatro, que forma parte de Serea Producións, realizou unha residencia no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro para preparar a obra de teatro A luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller, dirixida por Noelia Papín que foi estreada o pasado 14 de decembro no Milladoiro.

Participou tamén Carlos L. Ríos, de ‘El creador de nubes’, unha axencia dinamizadora de ideas e procesos creativo-económicos nun entorno rural; Dora Vieiro, da empresa Aquelando SL, que se encarga da organización de actividades para o tempo libre e que xestiona o Club xuvenil de Ames e mailo Club de mocidade con diversidade de Ames. Por último, interviu Luis Pombo, da empresa LEILOIO International, unha compañía galega que ofrece asesoramento en operacións comerciais internacionais e formación técnica.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here