InicioCULTURAAXENDA: Que facer esta fin de semana en Compostela? O Banquete de...

AXENDA: Que facer esta fin de semana en Compostela? O Banquete de Conxo e outras actividades

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

MÚSICA


  • BROTHERS IN BANDBrothers in band – The very best of Dire Straits
    : O venres 24 de maio ás 20:30 horas no Auditorio Abanca, os Brothers in Band, considerada unha das mellores bandas tributo a Dire Straits, ofrecerán un espectáculo que repasa os éxitos da banda liderada por Mark Knopfler. O concerto incluirá clásicos como ‘Sultans of Swing’ e ‘Money for Nothing’, entre outras. As entradas están podense conseguir, dende 36 euros, en Ataquilla.com.
  • TRIBUTO A EXTREMODURO - Kuver Producciones - Todo en eventos, espectáculos y marketing.Pedrá – Tributo a Extremoduro: O sábado 25 de maio ás 21:30 horas na Sala Capitol, Pedrá ofrece un concerto tributo a Extremoduro, revivindo os grandes éxitos da mítica banda de rock español. As entradas están dispoñibles en Ticketrona.com a un prezo de 12 euros en anticipada e 15 euros na billeteira.
  • Seráns en Feixóo: O sábado 25 e domingo 26 de maio, na Praza de Feixóo, terá lugar a sexta edición de Seráns en Feixóo, con concertos ao aire libre na zona vella. Os concertos máis destacados son o do 25 de maio, no cal actuará Mambas Negras, e o do 26 de maio, que será a quenda da actuación de fin de curso da Casa do Rock. As entradas son de balde e o evento é apto para todos os públicos.

TEATRO E CINE

  • Corentena'. Perdomo y Touriñán en directo - PalexcoCorentena – Perdomo e Touriñán en directo: O venres 24 de maio ás 21:00 horas no Teatro Principal, os humoristas galegos Xosé A. Touriñán e David Perdomo presentarán ‘Corentena’, un espectáculo en directo que combina monólogos e sketches sobre a vida durante o confinamento. As entradas pódense adquirir en ataquilla.com a partir de 20 euros. Un evento recomendado para maiores de 16 anos debido ao contido.
  • Entradas DAVID PUERTO "PIZPIRETO" en Santiago de Compostela - domingo, 26 mayo 2024 - desde 10,00 € - HUMOR | Ataquilla.com (Es)David Puerto – Pizpireto: O sábado 25 de maio ás 20:30 horas no Auditorio Abanca, o humorista David Puerto presenta o seu espectáculo ‘Pizpireto’, unha comedia onde aborda temas cotiás con moito humor e espontaneidade. As entradas están dispoñibles en entradas.ataquilla.com a un prezo de 18 euros en anticipada e 22 euros na billeteira. Un evento recomendado para todos os públicos.
  • Os Monicreques de Kukas estrenan una nueva versión de «Don Gaiferos» hoy en el Principal de SantiagoMonicreques de Kukas – A verdadeira historia de Hamelin: O domingo 26 de maio ás 12:30 horas no Auditorio de Galicia, a compañía Monicreques de Kukas presenta ‘A verdadeira historia de Hamelin’, unha adaptación teatral para público infantil do clásico conto do frautista. As entradas están dispoñibles en cultura.gal a un prezo de 8 euros. O evento é apto para todos os públicos, especialmente recomendado para nenos e nenas a partir de 5 anos.

EXPOSICIÓNS

  • Educación sen límites | Museos de GaliciaRuta ‘Educación sen límites’: Do martes 14 ao sábado 25 de maio, no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), propónse un itinerario autónomo que permite explorar as iniciativas e innovacións na educación galega ao longo da historia. O percorrido está vinculado ao lema “Museos para a educación e a investigación”, reflexionando sobre a educación de calidade e a innovación. A entrada é libre e de balde, ideal para todos os públicos interesados na historia educativa.

FESTAS E EVENTOS 

  • Banquete de Conxo - Wikipedia, la enciclopedia libreFesta do Banquete de Conxo: Do venres 24 ao domingo 26 de maio, celebrarase no barrio de Conxo esta festa que conmemora a reunión de estudantes, obreiros e artesáns en 1856. Durante os tres días haberá un mercado na Praza Aurelio Aguirre, talleres de baile, unha carreira de orientación, recitais poéticos e concertos. O domingo, tras a representación teatral do Banquete, terá lugar unha romaría popular. As actividades son gratuítas e aptas para todos os públicos.
  • Festival de Percusión Afrobrasileña ‘Bate Batuke’: Do venres 24 ao domingo 26 de maio na antiga escola Ramón Cabanillas, celebrarase o XIV Festival de Percusión Afrobrasileña Bate Batuke no barrio de O Castiñeiriño. O venres, haberá un obradoiro de danza con instrumentos. O sábado contará con obradoiros de percusión afrobrasileña e actuacións de varios grupos, incluíndo DJ Maracatu, Bloquinho Aperta e Bloco Meigallo. O domingo, un pasacalles percorrerá a zona vella compostelá e haberá un mercadillo de artesanía, así como xogos para os máis pequenos. Todas as actividades son gratuítas e abertas a todos os públicos.Festival de Percusión Afrobrasileña Bate Batuke (2024) en Santiago de Compostela
  • Comida Popular do Barrio do Castiñeiriño: O sábado 25 de maio, terá lugar a tradicional Comida Popular do Barrio do Castiñeiriño, un evento comunitario que reúne aos veciños para compartir un xantar ao aire libre. A xornada incluirá tamén actividades lúdicas e música en directo. O evento é gratuíto e está aberto a todos os públicos.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...

(FOTOS) O acendido do Nadal enche de música e público o Obradoiro

O acendido oficial das luces de Nadal de Santiago celebrouse este venres cunha gran...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here