InicioSOCIEDADEA campaña 'Compostela Diversa' vestirá Santiago coas cores LGTBI ata xuño

A campaña ‘Compostela Diversa’ vestirá Santiago coas cores LGTBI ata xuño

Arrinca o 27 de maio con actividades lúdidas e de reflexión

Publicado o

Xornal de Compostela

Case 200 establecementos comerciais, hoteleiros e hostaleiros de Santiago participan na campaña de difusión e visualización da realidade LGTBI no marco da iniciativa municipal ‘Compostela Diversa’, que arrinca o 27 de maio con actividades lúdidas e de reflexión.

Segundo explicou a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, en rolda de prensa este xoves, varios puntos da cidade contarán con iluminación e decoración especiais ata o 30 de xuño. O programa inclúe xornadas de reflexión, actividades lúdicas, intervencións no espazo público e unha campaña de difusión e concienciación sobre a realidade LGTBI.

“Manterá o espírito porque foi un éxito e é un referente para o noso concello, xa que a xente xa ten interiorizada esta imaxe e estas cores. Queremos que Compostela Diversa teña unha presenza furte na rúa e nos establecementos e decoración de rúas e prazas e de comercios, bares, restaurantes e hoteis”, destacou a rexedora. Ademais, incidiu no feito de que a campaña de iluminación leve á Praza Roxa, “centro neurálxico de moita xente nova e un espazo de tránsito para moitas persoas”.

A campaña naceu en 2018 para facer de Santiago un referente da diversidade sexual e de xénero en Galicia e “contribuír así ao avance na consecución dos dereitos, a visibilidade e a normalización da vida de todo o colectivo LGTBI”. Colaboran co Concello, a Deputación da Coruña e o Mercado de Abastos, xunto ao colectivo Avante LGBT+.

PROGRAMACIÓN

Os actos centrais, segundo sinalou, concentraranse nos últimos 10 días. Así, o xoves 20 de xuño haberá unha charla sobre persoas solicitantes de asilo LGTBI, coa colaboración da ONG Movemento pola Paz.

O sábado 22 de xuño, a sección ‘Cinema’ acollerá a presentación e exhibición do filme ‘Testemuñas dun tempo maldito’, con coloquio posterior co director da película, Javier Larrauri, e con Daniela Ferrández, así como a proxección do curto de Anxos Fazáns ‘Habitar’.

O venres 28 levará a cabo a lectura do manifesto ás 11.00 horas na Praza do Obradoiro.

O festival do Orgullo, anunciou Sanmartín, será o sábado 29 na Praza de Mazarelos, onde levará a cabo “un progama lúdico, artístico e poético”, no que intervirán distintos escritores e artistas.

De forma complementaria, os establecementos participantes contarán con mandiles, carteis, postais, posavasos e manteis, dentro dunha campaña de difusión e visualización da diversidade.

Ademais, no Paseo dos Leóns da Alameda instalarase un arco de cores de grandes dimensións para que tanto os residentes en Santiago como os visitantes poidan facerse unha fotografía con “as cores da diversidade coa vista da cidade histórica e da Catedral”.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Falece aos 56 anos o neumólogo compostelán Juan Suárez, facultativo do CHUS e investigador do IDIS

O neumólogo compostelán Juan Suárez, que exercía o seu labor asistencial no Complexo Hospitalario...

Pedro Blanco felicita á Asociación de Xornalistas de Santiago polos seus 80 anos de vida

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, felicitou á Asociación de Xornalistas de...

A Policía Local de Santiago identifica o autor de verter un cento de sacos de cascallos en San Lourenzo

A Policía Local de Santiago identificou á persoa responsable de abandonar arredor dun cento...