InicioCULTURACineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival desenvolverase do 6 ao 22 de novembro e busca persoas de entre 18 e 25 anos para avaliar arredor de vinte proxeccións

Publicado o

Xornal de Compostela

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela e xa prepara unha nova edición que se celebrará entre o venres 6 e o domingo 22 de novembro. Como primeiro paso de cara a esta cita, a organización abriu o proceso de selección do seu Xurado Novo, unha iniciativa coa que procura impulsar a participación da mocidade na vida cultural da cidade e ofrecer a oportunidade de formar parte activa dun dos festivais de referencia en Galicia.

Poderán presentar a súa candidatura persoas de entre 18 e 25 anos que conten con dispoñibilidade para asistir ás arredor de 20 proxeccións que deberán avaliar durante o certame. Quedan excluídas da convocatoria aquelas persoas que xa formasen parte do Xurado Novo en edicións anteriores.

INSCRICIÓN ABERTA ATA O 21 DE OUTUBRO

Para participar no proceso de selección será necesario cubrir o formulario de inscrición dispoñible en liña, que permanecerá aberto ata o 21 de outubro. As persoas seleccionadas encargaranse de elaborar un palmarés propio de carácter honorífico, que se dará a coñecer durante a gala de clausura da 40ª edición de Cineuropa.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

Anne Carson gaña o Nobel de Literatura 2026, unha autora que levou o Camiño de Santiago á súa obra

A escritora canadense Anne Carson foi distinguida co Premio Nobel de Literatura 2026, segundo...