InicioMOV. SOCIAISA USC comprométese a cortar relacións con universidades e empresas israelís

A USC comprométese a cortar relacións con universidades e empresas israelís

A universidade reclama o cesamento do xenocidio en Gaza e amosa o seu apoio á autodeterminación de Palestina

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela comprométese a cortar relacións coas universidades e empresas israelís e reclama “deter o xenocidio” contra o pobo palestino, así como un “cesamento do fogo inmediato e permanente” en Gaza para permitir a entrada de axuda humanitaria.

Así versa un comunicado do goberno da USC publicado despois dunha reunión mantida ao mediodía coa organización estudantil Erguer, que precisamente este mércores protagonizou protestas no centro histórico compostelán con estas peticións.

A USC lembra así que estas reivindicacións “reafirman” o seu posicionamento xa acordado polo claustro, na liña do decidido hai semanas na Conferencia de Reitores e Reitoras das Universidades Españolas (CRUE).

Así, a institución compostelá emitiu un comunicado de oito puntos no que reclama o cesamento do xenocidio e denuncia os ataques e a destrución das entidades educativas na franxa de Gaza.

Ademais, comprométese a intensificar o seu apoio e relación con universidades palestinas e a non asinar novos convenios “nin a manter ningún tipo de relación científica ou académica” coas israelís se non asumen “explicitamente” a petición de alto ao lume.

Xunto a isto, a USC promete “revisar e suspender calquera relación económica con institucións e empresas israelís” que non compartan estas reivindicacións.

Así mesmo, a USC insta á comunidade internacional “a finalizar coa súa inacción e recoñecer o Estado de Palestina, así como o seu dereito á autodeterminación”, xunto co retorno dos refuxiados ás súas vivendas.

Tamén exixe o fin “da ocupación e colonización” e de “as leis de discriminación” entre os pobos israelí e palestino.

CONCENTRACIÓNS DE ERGUER

Precisamente, este mércores varias decenas de mozas concentráronse en Santiago, convocados polo sindicato estudantil Erguer, para esixir ao goberno da USC que corte todo tipo de relacións con universidades e empresas de Israel.

Os participantes na protesta exhibiron bandeiras palestinas e ‘estreleiras’, á vez que coreaban consignas como “Fóra sionistas da universidade”, “Desde o río ata o mar, Palestina vencerá” e “Xerencia, escoita, estamos en loita”. Posteriormente, entregaron un escrito coas súas reivindicacións para que chegase ao reitorado.

O obxectivo era reclamar, tal e como versaba o comunicado lido ante a Casa da Balconada, na rúa do Vilar, que a USC condenase de forma oficial “un xenocidio en curso” que se está producindo por parte de Israel na franxa de Gaza, que reclame “un alto ao lume” e que aposte pola “autodeterminación” de Palestina.

Máis en plano académico, a concentración de Erguer pediu un “boicot a Israel efectivo”, o cal implica non participar en investigacións nin artigos coas súas universidades, nin establecer negocios coas súas empresas.

Todo iso dáse unha semana despois do inicio da acampada estudantil en apoio a Palestina na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago.

ÚLTIMAS

Alberto Cabada asume o decanato de Matemáticas da USC con ilusión e confianza no futuro

O profesor Alberto Cabada Fernández tomou posesión este venres como novo decano da Facultade...

Cáritas de Santiago atende a máis de 46.000 persoas en 2024, un 8% máis que o ano anterior

Cáritas Diocesana de Santiago destacou que atendeu a 46.512 persoas en 2024, un incremento...

Detidas 16 persoas pola estafa do “falso sicario” a usuarios de páxinas de citas

A Policía Nacional detivo 16 persoas no marco da 'Operación Bachata', entre elas dúas...

GIG-Saúde denuncia “sobrecarga de traballo e saturación dos servizos” na área sanitaria

A CIG-Saúde de Santiago denunciou que a falta de medidas por parte da Xerencia...

GIG-Saúde denuncia “sobrecarga de traballo e saturación dos servizos” na área sanitaria

A CIG-Saúde de Santiago denunciou que a falta de medidas por parte da Xerencia...

O fiscal xefe de Santiago fará folga ante as reformas do Goberno

O fiscal xefe de Santiago, Antonio Roma, anunciou este luns durante o comezo dun...

Constitúese en Compostela o proceso ‘Lingua Vital’ para reactivar a normalización do galego

A proposta xorde como resposta á preocupación compartida polo retroceso no uso do galego,...