InicioSANTIAGOAs obras do primeiro tramo da Vía Verde de Santiago comezarán en...

As obras do primeiro tramo da Vía Verde de Santiago comezarán en xuño

Para estas obras a Deputación da Coruña investíu case 800.000 euros

Publicado o

Xornal de Compostela

A Deputación da Coruña adxudicou por 753.820 euros as obras do primeiro tramo da Vía Verde en Santiago de Compostela, cun percorrido de 2,2 quilómetros que parte da antiga estación de ferrocarril da Sionlla. As obras comezarán en xuño, segundo informa o organismo provincial.

Trátase do primeiro tramo da Vía Verde en territorio de Compostela, que se completará nos próximos meses cunha segunda fase de oito quilómetros de lonxitude. En total, serán dez quilómetros, cun investimento de 1,8 millóns de euros.

Estes dous tramos de Compostela conectarán co resto da Vía Verde, en funcionamento desde 2022, que atravesa os municipios de Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda para completar unha ruta ciclable de 36 quilómetros sobre as antigas vías do ferrocarril.

Por outra banda, Laxe acolleu este martes a visita da deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García, que se reuniu co alcalde, Francisco Charlín Oróns, e parte da corporación municipal, para abordar os investimentos do Plan Único no municipio, máis de 530.000 euros.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...