InicioDEPORTESA Selección Española masculina de baloncesto xogará en Santiago ante Grecia un...

A Selección Española masculina de baloncesto xogará en Santiago ante Grecia un partido clasificatorio para o Mundial de 2027

O encontro disputarase o 29 de novembro no Multiusos Fontes do Sar e será o primeiro partido oficial do combinado masculino na capital galega

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela acollerá o próximo 29 de novembro o partido entre a Selección Española Masculina de Baloncesto e Grecia, correspondente á fase de clasificación para o Mundial de Qatar de 2027. O encontro disputarase no Multiusos Fontes do Sar co apoio de Turismo de Galicia, que enmarca a celebración da cita deportiva nas accións previas ao Xacobeo 2027.

O partido formará parte da quinta xanela da fase de clasificación para o campionato mundialista. A selección española afrontará primeiro un encontro a domicilio ante Montenegro o xoves 26 de novembro e, tres días despois, recibirá ao combinado grego na capital galega, nun dos compromisos sinalados dentro desta fase clasificatoria.

Desde Turismo de Galicia destacan a relevancia da celebración de eventos deportivos para atraer visitantes e xerar actividade turística. Neste caso, o organismo autonómico considera que un partido internacional destas características pode servir tamén como escaparate de Santiago e de Galicia entre públicos de fóra do territorio, especialmente ao tratarse dun encontro entre dúas seleccións nacionais.

A chegada do combinado español a Compostela suporá tamén o seu regreso a Galicia dous anos despois da última visita. O precedente máis recente produciuse en novembro de 2024, cando a selección masculina disputou en Ourense un encontro fronte a Eslovaquia.

O duelo contra Grecia será, ademais, a cuarta ocasión na que a Selección Masculina xogue en Santiago de Compostela, aínda que será a primeira vez que o faga nun partido oficial. As tres visitas anteriores corresponderon a encontros amigables: en 1983 xogou na cidade contra Panamá e contra a URSS, mentres que en 2013 se enfrontou a Macedonia.

ÚLTIMAS

Madrid desaloxa a acampada pola vivenda, pero Santiago resiste: “Non temos intención de marchar”

O desaloxo dunha acampada non significa necesariamente o final dunha mobilización. Mentres na Porta...

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ organiza en novembro unha ruta artística por doce establecementos de Santiago

A campaña municipal '12 Comercios, 12 Sensibilidades' inicia a súa programación de novembro cunha...

Pedro Blanco propón recuperar a área recreativa de Chaián e mellorar os seus accesos

O candidato do PSdeG á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, reclamou actuacións...

O pleno de Santiago aproba o apoio á ILP Lingua Vital coa abstención do PSdeG

O Pleno do Concello de Santiago aprobou este luns unha moción de apoio á...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

O Compostela cae ante o Oviedo Vetusta pese a xerar ocasións para empatar no Vero Boquete

A SD Compostela encadeou este domingo a súa segunda derrota consecutiva ao caer por...