InicioSANTIAGOCáritas Santiago facilitou emprego a máis de 500 persoas durante 2023

Cáritas Santiago facilitou emprego a máis de 500 persoas durante 2023

A entidade destaca a importancia dos "empregos dignos" e a regularización das persoas migrantes

Publicado o

Xornal de Compostela

Cáritas Diocesana de Santiago fixo balance este martes da área de formación e emprego na cidade e na súa contorna, a través da cal un total de 529 persoas atoparon traballo durante o ano 2023.

Nun acto na hospedaría de San Martiño Pinario, a directora de Cáritas Santiago, Pilar Farjas, reivindicou o labor da entidade para crear “espazos de xustiza social e de liberdade”.

Mentres, o arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, definiu como unha opción “irrenunciable” o acompañamento e o “pór de novo no camiño da vida, con dignidade, ás persoas”.

Así mesmo, agradeceu a colaboración de todas as entidades que buscan “abrir ese camiño”, así como aos traballadores e voluntarios de Cáritas.

Tamén tomou a palabra a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, que, tras felicitar a Cáritas polo seu balance en materia de emprego, lamentou que os números “vaian crecendo cos anos”, o que supón que “o estado de benestar está a fraquear”.

“Son datos que falan de máis de 50.000 persoas que teñen que percorrer anualmente a Cáritas, que moitos usuarios teñen emprego e seguen en risco de exclusión”, lamentou antes de sinalar que balances como este “tamén pon en evidencia onde non chegan as administracións públicas”.

2.073 persoas atendidas

Pola súa banda, o responsable de emprego de Cáritas, Miguel Fernández, quixo pór en valor os “empregos dignos” e tamén “a regularización das persoas migrantes” para que poidan acceder “con maior facilidade” a traballos “dignos”. Ademais, agradeceu a achega de empresas e institucións que dan oportunidades a estas persoas.

Así, durante o 2023 a área de emprego de Cáritas Santiago atendeu a 2.073 persoas (1.336 mulleres e 737 homes). As persoas que participaron en accións formativas foron 724: 107 cursos de inclusión social, 147 outros cursos formativos e 470 talleres.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...