InicioPOLÍTICAFalece María Pardo, exconcelleira de goberno polo PP de Santiago

Falece María Pardo, exconcelleira de goberno polo PP de Santiago

Pardo foi concelleira de Urbanismo e portavoz do goberno local entre 2011 e 2014.

Publicado o

Xornal de Compostela

A exconcejala do PP en Santiago María Pardo, que tivo responsabilidades de goberno entre 2011 e 2014, faleceu na madrugada deste sábado, segundo confirmaron fontes populares. Polo momento, será velada na casa familiar de Rábade. O funeral será o domingo ás 16:00 horas.

Ante a noticia, o Concello expresou as súas condolencias á súa familia, persoal e política, e a todas as súas amizades. A alcaldesa, Goretti Sanmartín (BNG), tamén trasladou persoalmente un abrazo aos seus achegados: “Unha mágoa para Compostela. Que a terra lle sexa leve!”. Tamen o PP compostelán, ante o empeoramento da súa saúde, lembrouna a pasada tarde como un “exemplo nos anos máis difíciles” e polo seu “rigor e valentía”. “Deu a cara e deixou legado sen buscar aplausos”, apreciou.

TRAXECTORIA POLÍTICA

Pardo foi concelleira de Urbanismo e portavoz do goberno local entre 2011 e 2014. Nese tempo, foi impulsora de proxectos como os parques infantís das prazas de Galicia e de Vigo e tivo responsabilidades na xestión municipal do accidente de Angrois, que ocorreu en xullo de 2013.

A popular deixou os seus cargos en 2014, cando dimitiu en bloque xunto a outro seis edís imputados e condenados inicialmente por prevaricación nunha causa relacionada coa Operación Pokemón e da que finalmente foron todos absoltos en 2015. Pardo afastouse da política e, desde 2018, exercía como directora executiva de Administración na consultora tecnolóxica MinData, con sede na capital galega.

ÚLTIMAS

Sanmartín confía en que o TACGal rexeite o recurso contra o novo contrato do bus e admite que atrasará a súa posta en marcha

O novo contrato do transporte urbano de Santiago terá que agardar pola resolución do...

Alonso Faure dá o salto á ACB co Monbus Obradoiro: “É un soño feito realidade”

O Monbus Obradoiro presentou este xoves a Alonso Faure como novo integrante do seu...

A exposición ‘Mulleres de Gaza’ pechará en setembro a décima edición de Compostela máis Solidaria

O centro sociocultural do Castiñeiriño acollerá durante setembro a exposición 'Mulleres de Gaza', unha...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Sanmartín confía en que o TACGal rexeite o recurso contra o novo contrato do bus e admite que atrasará a súa posta en marcha

O novo contrato do transporte urbano de Santiago terá que agardar pola resolución do...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Pedro Blanco reclama a comparecencia de Goretti Sanmartín no Pleno polo caso de Fly2Galicia

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, anunciou que o Grupo Municipal...