InicioSOCIEDADEO Concello reclama á Xunta que transfira "o crédito correcto" para os...

O Concello reclama á Xunta que transfira “o crédito correcto” para os menús escolares

Aprobou o texto do convenio coa Consellería de Educación para a xestión do servizo de comedor en nove centros educativos.

Publicado o

Xornal de Compostela

A xunta de goberno local do Concello de Santiago aprobou o texto do convenio coa Consellería de Educación para a xestión do servizo de comedor en nove centros educativos do municipio durante o curso vixente e o próximo, pero reclama ao departamento autonómico que transfira “o crédito correcto” dos menús escolares por ser “unha competencia da Xunta”.

A portavoz municipal, Míriam Louzao, detallou que a Consellería achega 55 céntimos a cada menú, que ten un custo total de 5,82 euros máis IVE. “Aprobamos o convenio para polo menos ter eses 55 céntimos por menú que achegaría a Xunta”, esgrimiu en rolda de prensa este luns.

Tal e como explicou Louzao, os comedores son unha competencia que “debería desenvolver a Xunta” ao ter as competencias en materia educativa. Con todo, defendeu que o Goberno local “non vai deixar sen comedor ás escolas de Compostela”. Así, sinalou que seguirán insistindo en que, “se as competencias téñenas que levar os concellos, o lóxico é que se transfiran as competencias para facelo”.

Do mesmo xeito, lembrou que o Executivo local traballa para “cambiar a fórmula de xestión dos comedores”. Neste sentido, sostivo que farán unha ordenanza de taxas dos servizos educativos e estudan “que pagan as familias e como se paga”. O obxectivo, manifestou, é que se pague por tramos de renda. En todo caso, reiterou que é a Xunta quen debería pagar pola xestión dos comedores.

Así mesmo, Louzao instou á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a liderar esta demanda ante a Xunta, xa que considera que “o lóxico é que se faga entre todos os concellos”.

OUTROS ACORDOS

Por outra banda, a xunta de goberno local aprobou a convocatoria para a concesión de subvencións para o fomento de programas e actividades a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo LGTBIQ+ e de prevención e loita contra as violencias machistas, para o ano 2024, que conta cun orzamento de 30.000 euros.

Poderá subvencionarse, ata esgotar o crédito dispoñible, o 100% do orzamento presentado polas entidades solicitantes, non podendo a superar, en todo caso, a contía máxima da subvención por entidade de 2.800 euros. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOP.

No ámbito da igualdade, o executivo local tamén deu luz verde ao texto de convenio entre o Concello e Cáritas Diocesana de Santiago pola contía de 30.000 euros para financiar o Programa Vagalume, unha iniciativa de acompañamento a mulleres en contextos de prostitución co obxectivo de prestar unha atención integral ás mulleres.

Tamén se aprobou un convenio de colaboración para o ano 2024 entre o Concello e a Fundación Universidade de Santiago de Compostela pola contía de 9.000 euros para contribuír ao financiamiento das actividades de lecer e tempo libre do Programa ‘Verán CampUSC 2024. Módulo de lecer e tempo libre’.

Doutra banda, a xunta de goberno local aprobou o Plan municipal de prevención contra os incendios forestais presentado pola Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Falece aos 56 anos o neumólogo compostelán Juan Suárez, facultativo do CHUS e investigador do IDIS

O neumólogo compostelán Juan Suárez, que exercía o seu labor asistencial no Complexo Hospitalario...

Pedro Blanco felicita á Asociación de Xornalistas de Santiago polos seus 80 anos de vida

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, felicitou á Asociación de Xornalistas de...

A Policía Local de Santiago identifica o autor de verter un cento de sacos de cascallos en San Lourenzo

A Policía Local de Santiago identificou á persoa responsable de abandonar arredor dun cento...