InicioECONOMÍAVueling manterá a conexión directa entre Santiago e Bilbao durante as festas...

Vueling manterá a conexión directa entre Santiago e Bilbao durante as festas de Nadal

A aeroliña programará voos entre o 20 de decembro e o 6 de xaneiro, incluíndo conexións o día de Nadal e o día de Reis

Publicado o

Xornal de Compostela

Vueling manterá operativa a conexión directa entre Santiago de Compostela e Bilbao durante o período do Nadal, cunha programación especial que se estenderá desde o 20 de decembro de 2026 ata o 6 de xaneiro de 2027.

A compañía xa puxo os billetes á venda a través da súa páxina web. A programación contempla operacións en varias das xornadas de maior movemento destas festas, entre elas o 25 de decembro e o 6 de xaneiro, ademais doutras datas próximas ás celebracións de Nadal e Ano Novo.

Deste xeito, os viaxeiros poderán desprazarse sen escalas entre o aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro e Bilbao durante boa parte do período festivo, tanto para as viaxes anteriores ao Nadal como para os desprazamentos de regreso posteriores ao cambio de ano.

A conexión entre as dúas cidades non será nova para os usuarios do aeroporto compostelán. Vueling xa opera a ruta Santiago-Bilbao durante a tempada de verán de 2026, na que chega a ofrecer ata seis frecuencias semanais. A programación anunciada permitirá prolongar a presenza deste enlace tamén durante determinadas semanas da campaña de inverno.

A ruta con Bilbao integrarase nunha oferta máis ampla de Vueling desde Santiago de Compostela para a próxima tempada invernal, na que a compañía prevé operar 14 conexións directas, dez delas con destinos españois e catro internacionais.

Dentro do mercado nacional, a aeroliña terá rutas desde Santiago con Lanzarote, Gran Canaria, Málaga, Barcelona, Bilbao, Fuerteventura, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife e Valencia.

A estas conexións sumaranse catro destinos fóra de España: Londres-Gatwick, París-Orly, Marrakech e Zúric. A programación manterá así enlaces desde Lavacolla con cidades europeas e do norte de África durante os meses de inverno, ademais da rede de rutas dentro do Estado.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago confirma que axudou a impulsar Fly2Galicia e mantén en confidencialidade os contactos coa empresa

O Concello de Santiago confirmou que leva "moitos meses" en contacto con Fly2Galicia e que...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por...

A USC advirte dunha seca severa na comarca de Compostela tras recoller só 181 litros dende febreiro

A comarca de Santiago de Compostela atravesa unha situación de "seca severa" despois de...

A nova compañía aérea Fly2Galicia abre a venda dos seus voos dende Santiago con oito destinos directos

Fly2Galicia xa abriu ao público a súa páxina web e activou a venda de...

A Xunta prevé licitar este ano a ampliación do Quiroga Palacios se Santiago desbloquea a cesión dos terreos

A Xunta de Galicia prevé sacar a licitación antes de que remate 2026 a...

Santiago autoriza a construción de 33 vivendas protexidas na rúa Manuel Ceruelo

O Concello de Santiago concedeu licenza á cooperativa Porto Sur para construír 33 vivendas...