InicioSANTIAGODenuncian "unha nova saturación" en Urxencias do Hospital Clínico de Santiago

Denuncian “unha nova saturación” en Urxencias do Hospital Clínico de Santiago

"A falta de cadeiras de rodas e padiolas provocou bloqueos na entrada de Urxencias con ambulancias, familiares e pacientes esperando preto dunha hora para poder dispor dunha", sostén a CIG

Publicado o

Xornal de Compostela

A CIG denunciou “unha nova saturación” nas Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, que provocou “que o servizo se vise desbordado na quenda de tarde” deste luns, aseguran.

“A falta de cadeiras de rodas e padiolas provocou bloqueos na entrada de Urxencias con ambulancias, familiares e pacientes esperando preto dunha hora para poder dispor dunha”, sostén o sindicato.

Desde a central sindical lembran que se trata dun servizo “que xa ha cronificado unha asistencia masiva cunha media próxima as 500 entradas diarias”, algo ao que “hai que engadir a falta de estabilidade nos persoais e o desmantelamento dunha Atención Primaria” que “se ve máis resentida” nesta época co aumento da poboación e o peche de camas.

A CIG asegura que este luns se viviu no centro “outro episodio de colapso” con “pacientes esperando no corredor preto dunha hora para ser colocados nunha padiola e ser atendidos”, ata “45 minutos de espera para triaje” e “con esperas de máis de media hora por unha cadeira de rodas, “bloqueando mesmo ambulancias que chegaban cos pacientes e non dispuñan de ningunha”.

ÚLTIMAS

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Santiago completa a mellora da rúa San Martiño de Aríns tras investir preto de 700.000 euros

O Concello de Santiago deu por finalizada a intervención na rúa San Martiño de...

A nova compañía aérea Fly2Galicia abre a venda dos seus voos dende Santiago con oito destinos directos

Fly2Galicia xa abriu ao público a súa páxina web e activou a venda de...

A Asociación Contra o Cancro abre as inscricións para a quinta ‘En Marcha Contra o Cancro’ de Santiago

A Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela abre este luns o...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...