InicioSOCIEDADEAbre ao tráfico o primeiro treito da prolongación da AG-59 entre Santiago...

Abre ao tráfico o primeiro treito da prolongación da AG-59 entre Santiago e A Estrada

A obra completa rematará en 2028 co último tramo de catro quilómetros entre Pontevea e O Rollo, tras un investimento total de case 70 millóns de euros

Publicado o

Xornal de Compostela

A prolongación da autovía AG-59, entre Santiago e A Estrada, porá este mércores, 22 de xullo, en servizo o seu primeiro treito, entre A Ramallosa e Pontevea. En concreto, o sentido Pontevea-Santiago abrirase ao tráfico ás 09.30 horas. No caso do sentido Santiago-Pontevea, a apertura producirase ás 12.30 horas, unha vez retirados os elementos de seguridade instalados con motivo do corte de tráfico no enlace de Os Verxeles.

Os vehículos que desexen empregar o enlace da Ramallosa poderán facelo en todos os sentidos a partir das 09.30 horas. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asistiron este martes ao acto de presentación deste treito no municipio coruñés de Teo. A actuación abrangue 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e o enlace coa estrada autonómica AC-241, en Pontevea, e contou cun investimento da Xunta de 32,3 millóns de euros. A autovía será libre de peaxe.

O SEGUNDO TREITO, EN MARCHA

Rueda subliñou que o segundo e último treito da autovía, de catro quilómetros entre Pontevea, en Teo, e O Rollo, na Estrada, xa está en marcha cun orzamento de máis de 31 millóns de euros. Unha vez rematado este segundo tramo, a autovía contará con 14 quilómetros e permitirá conectar Santiago e A Estrada en só dez minutos. “Cando isto estea rematado, no ano 2028 e tras un investimento de case 70 millóns de euros, quedará listo algo que se leva agardando moito tempo”, valorou o presidente da Xunta.

RUEDA RECOÑECE ATRASOS E “MOITISÍMAS DIFICULTADES”

Sobre os atrasos acumulados nesta infraestrutura, Rueda recoñeceu que houbo “moitísimas dificultades” e tamén “molestias”, entre elas as derivadas das chuvias durante a execución dos traballos. Con todo, defendeu que o resultado final é “magnífico” e puxo en valor a importancia desta conexión para mellorar a mobilidade entre Santiago, Teo e A Estrada.

OUTRAS ACTUACIÓNS VIARIAS DA XUNTA

Paralelamente, Rueda destacou outros proxectos en execución ou de inicio inminente neste semestre. Entre eles citou a prolongación da autovía da Costa da Morte, a VAP Tui-A Guarda, o desdobramento dun treito da estrada Brión-Noia para convertelo en autovía e o inicio das obras da futura vía rápida Nadela-Sarria. Segundo a Xunta, estas actuacións forman parte da planificación autonómica para mellorar as comunicacións viarias e reforzar a conexión entre diferentes comarcas galegas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...