InicioECONOMÍAHostaleiros esperan unha ocupación por baixo do 80% na semana das festas...

Hostaleiros esperan unha ocupación por baixo do 80% na semana das festas do Apóstolo, en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz da Unión Hoteleira de Compostela (UHC), José Antonio Liñares, indicou que se prevé unha ocupación inferior ao 80% na semana das festas do Apóstolo do Santiago, cunha maior concentración que podería alcanzalo o día 24. Tal e como trasladou a Europa Press, estes datos non sorprenden ao sector, debido a que no mes de xullo adóitase producir unha baixada de ocupación “bastante sensible” en Santiago, con respecto ao resto dos meses de tempada alta.

“Levamos xa varios anos que non se pode colgar o cartel de cheo, como habitualmente se facía ata poñamos os primeiros anos da década do 2000”, expuxo. E é que, segundo explicou Liñares, na capital galega a ocupación hoteleira é moi ampla e non depende só do turismo vacacional para encherse, senón que é necesario complementala coa actividade de congresos, convencións e outro tipo de actividades empresariais. Unha actividade que no mes de xullo non está tan presente.

Ademais, apuntou que as festas do Apóstolo “nunca supoñen un incremento sensible” da ocupación, salvo o día 24, porque, ao seu xuízo, “non teñen proxección no exterior” da Comunidade como outro tipo de celebracións. Igualmente, subliñou que en Galicia contan con “visibilidade” ao ter ese ámbito institucional da Ofrenda ao Apóstolo do día 25 de xullo.

José Antonio Liñares lembrou que en 2004 ou 2006 a noite do 24 de xullo colapsábase a cidade e moita xente que chegaba á cidade sen reserva volvíase ” tola para atopar unha habitación dispoñible”. A día de hoxe, comparou, “hai anos que a Unión Hoteleira non chea todos os seus establecementos”, e mesmo os hoteis quedaron ao redor do 80%, o cal, ao seu parecer, é unha cifra “relativamente baixa”.

 

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...