InicioECONOMÍADúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

OCU aclara que un aforro do 16%, por exemplo, supón pagar ao redor de 12 euros menos para encher un depósito de 50 litros

Publicado o

Xornal de Compostela

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis baratas en España en período vacacional. No caso de Galicia, na autoestrada AP-9, as estacións máis baratas son: o Alcampo de Ferrol, así como nas de Petroprix e Plenergy en Santiago de Compostela. O aforro é de ata un 16% en gasolina e ata un 14% en diésel fronte ás máis caras.

Outras vías que discorren por Galicia entre as analizada son a A-6 e a A-52. A estrada de Madrid a Galicia ten uns prezos medios bastante superiores á media. Nesta ruta, as estacións de servizo máis económicas son as de Petroprix en Benavente (Zamora) e Carbugal en Sabón (A Coruña). Hai outras gasolineiras interesantes, para xa nos extremos da ruta, neste caso para encher diésel: Fuel Xpres en Muxa de Arriba (Lugo), Plenergy na Coruña e o Alcampo de Vigo. Encher nestas gasolineiras supón un aforro de ata un 14% en gasolina e un 12% en diésel fronte ás máis caras.

Antes do inicio da A-8, a N-634 ofrece opcións interesantes nas estacións de Car Oil e Valcarce, na Coruña. En Lugo e Asturias apenas hai boas alternativas. E en Cantabria mellora un pouco. Pero os mellores prezos están xa case na fronteira con Francia. .

OCU aclara que un aforro do 16%, por exemplo, supón pagar ao redor de 12 euros menos para encher un depósito de 50 litros. E que os aforros a miúdo poden obterse tamén dentro de una mesma cidade.

Así, OCU convida os condutores a usar o seu comparador de gasolineiras para buscar as estacións de servizo máis baratas no seu destino vacacional e situar as máis baratas na ruta que se vaia a tomar.

ÚLTIMAS

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...

Desarticulado en Santiago un clan familiar que vendía droga nunha vivenda blindada con reixas e unha xanela para entregar doses

A redada antidroga levada a cabo pola Policía Nacional o pasado 15 de xullo...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...