InicioSOCIEDADESantiago ve “consistente” co verán o número de avisos por ratas no...

Santiago ve “consistente” co verán o número de avisos por ratas no Ensanche

O Concello asegura que desde xuño se realizaron 14 actuacións de control de roedores na zona e que este luns se reforzou o tratamento nas inmediacións da Praza Roxa

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago asegurou que o número de avisos por presenza de ratas notificados nas últimas semanas é “consistente” co volume de incidencias rexistradas na mesma zona o ano anterior e coa época estival. Segundo trasladaron fontes municipais, desde o mes de xuño leváronse a cabo 14 actuacións de control de roedores na zona do Ensanche, a través da empresa Saniastur, dentro do programa habitual de vixilancia e mantemento.

En cada unha destas intervencións revisouse a zona afectada, retiráronse cebos previos con signos de consumo ou en mal estado, recolléronse cadáveres de roedores e tomouse nota dos posibles focos problemáticos. Entre eses puntos, o Concello sinala a existencia de locais abandonados ou a presenza de restos de residuos que poidan favorecer a aparición destes animais.

ACTUACIÓNS REPETIDAS NO PARQUE DE RAMÍREZ E EN EDUARDO PONDAL

Raxoi indicou que só foi necesario realizar máis dunha actuación no Parque de Ramírez e nun punto concreto da rúa Eduardo Pondal, neste último caso nunha zona de maleza. O Goberno compostelán enmarca estas intervencións dentro do seguimento ordinario que se realiza durante os meses de maior actividade dos roedores, especialmente no verán.

Ademais, o Concello informou de que este luns se realizou unha actuación de reforzo nas inmediacións da Praza Roxa. Nos próximos días volverase revisar a zona para comprobar se existe consumo dos cebos colocados e reforzar o tratamento no caso de que sexa necesario.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...