Un home foi detido en Santiago por un suposto delito de tentativa de homicidio en relación a unha agresión ocorrida o pasado domingo na contorna do río Sarela. O xulgado decretou o seu ingreso en prisión tras o seu pase a disposición xudicial este mércores.
Segundo informaron fontes policiais, o detido discutiu coa vítima, que nese momento paseaba ao seu can polo paseo fluvial, e terminou agredíndoo cunha pedra na cabeza. Isto provocoulle feridas graves e está ingresado no hospital desde entón.
Debido a estes feitos, a Policía Nacional procedeu á súa detención como presunto autor dunha tentativa de homicidio. Foi este mércores cando o Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela decretou o seu ingreso en prisión.

