InicioPOLÍTICAO PSOE de Santiago acusa á Xunta do novo colapso nas urxencias...

O PSOE de Santiago acusa á Xunta do novo colapso nas urxencias do CHUS

Os socialistas anuncian que levarán de novo a situación ao Parlamento galego tras a denuncia da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS

Publicado o

Xornal de Compostela

O PSOE de Santiago denunciou este venres a situación das urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) tras a alerta lanzada pola Asociación de Pacientes e Usuarios do centro, que advertiu da presenza de doentes nos corredores e da espera de pacientes con ingreso asinado para seren trasladados a planta.

O secretario xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, vinculou esta situación coa xestión sanitaria da Xunta de Galicia e sinalou que, coa chegada do verán, se volve repetir un escenario que o seu partido leva tempo advertindo. “Entramos no verán e non falla”, afirmou, antes de responsabilizar ao Goberno galego dun “novo colapso nas urxencias do CHUS”.

Bouza asegurou que os socialistas levan “meses e anos” reclamando a posta en marcha de medios humanos e materiais suficientes e dun plan específico para o período estival, co obxectivo de evitar episodios de saturación no hospital compostelán. Segundo indicou, a Xunta “non só mirou para o outro lado”, senón que tampouco tería corrixido a situación tras os cambios na dirección sanitaria.

Neste sentido, o dirixente socialista referiuse ao cambio na xerencia do Sergas e considerou que a modificación non supuxo unha variación real na xestión. “O único que foi mera maquillaxe, un novo xerente para as mesmas prácticas”, declarou Bouza, que sostén que a situación das urxencias evidencia a continuidade dos problemas denunciados nos últimos anos.

O PSOE compostelán considera que o episodio sinalado pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS debería levar á Consellería de Sanidade a adoptar medidas inmediatas. Bouza afirmou que o novo colapso “debería avergoñar ao conselleiro de Sanidade” e reclamou que se actúe para que a cidadanía non sufra as consecuencias das políticas sanitarias do Partido Popular.

A formación socialista tamén puxo o foco no peche de camas hospitalarias, que relaciona coa presenza de pacientes nos corredores e coa falta de capacidade para asumir os ingresos no momento en que son indicados polo persoal facultativo. Para Bouza, as persoas que permaneceron “amoreadas nos pasillos” fixérono “por culpa do peche de camas” e da xestión sanitaria do Executivo galego.

Ante esta situación, o PSOE de Santiago anunciou que volverá levar o asunto ao Parlamento de Galicia, onde reclamará explicacións e solucións á Xunta. Bouza esixiu que se dea unha resposta urxente e que se teña en conta a situación das persoas afectadas pola saturación no servizo de urxencias.

ÚLTIMAS

Oito feridos nun accidente múltiple en Santiago, entre eles varios alcaldes

Oito persoas resultaron feridas nun accidente múltiple con tres vehículos implicados en Santiago de...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

Sanmartín critica que a Xunta converta a reunión sobre o aparcadoiro do CHUS nun “acto público”

A Comisión de Seguimento para a construción do novo aparcadoiro do Complexo Hospitalario Universitario...

Un acusado dunha agresión en Santiago sostén que a pelexa comezou por un roubo de droga

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña celebrou este venres o xuízo contra...

Sanmartín critica que a Xunta converta a reunión sobre o aparcadoiro do CHUS nun “acto público”

A Comisión de Seguimento para a construción do novo aparcadoiro do Complexo Hospitalario Universitario...

Verea acusa a Sanmartín de estar “superada” tras o debate pola seguridade no pleno deste xoves

O portavoz do Partido Popular en Compostela, Borja Verea, asegurou este venres que o...

Santiago aumenta a 100.000 euros as bolsas para tratamentos terapéuticos de menores e para nenas e nenos celíacos

O Concello de Santiago aprobará unha nova convocatoria de bolsas municipais para menores con...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here