InicioCULTURAO Son do Camiño baixa o pano tras reunir 125.000 persoas nunha...

O Son do Camiño baixa o pano tras reunir 125.000 persoas nunha edición atravesada polo debate sobre os fondos de investimento

A edición de 2026 reuniu máis de 125.000 persoas e deixou impacto no transporte e na hostalaría, pero tamén críticas polo cartel, os tempos dos concertos e o papel dos fondos de investimento na música en directo

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

O Son do Camiño pechou na madrugada deste domingo unha nova edición no Monte do Gozo tras tres días de concertos, calor e afluencia masiva. Máis de 125.000 persoas pasaron polo recinto ao longo da fin de semana, cunha media superior ás 40.000 por xornada, nun festival que volveu alterar o ritmo habitual de Santiago e converter a cidade nun dos principais focos musicais do Estado durante estes días.

A última xornada tivo tamén presenza galega desde as primeiras horas, con nomes como Sarria, Ortiga, Carlangas ou Sen Senra antes da chegada dos grandes reclamos da noite, entre eles Lola Índigo, Afrojack ou DJ Snake. Fóra dos escenarios, a imaxe foi a habitual dun macrofestival destas dimensións: entradas e saídas escalonadas, colas, calor, abanicos, e unha cidade que notou o impacto nos aloxamentos, na hostalaría, no transporte e nas rúas.

Segundo os datos difundidos arredor da cita, os desprazamentos en tren cara Santiago medraron un 31% durante os días do festival, mentres que a edición anterior deixou un impacto económico estimado de máis de 23 millóns de euros. Son cifras que explican o peso que O Son do Camiño acadou dentro e fóra de Galicia, pero tamén a escala dun evento que xa vai moito máis alá dunha programación de concertos no Monte do Gozo.

Ese crecemento chega, ademais, nun momento no que o modelo dos grandes festivais está especialmente observado. A presenza de fondos de investimento como KKR no sector, a través de estruturas empresariais que controlan ou participan en numerosos macroeventos, abriu nos últimos meses un debate sobre quen está detrás destas citas, que papel queda para a escena local e como se reparte o valor que xeran. O Son do Camiño pecha outra edición multitudinaria; a pregunta, agora, é que festival quere ser a partir de aquí.

ÚLTIMAS

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

O Maré traerá a Santiago a Aterciopelados, Omar Souleyman e Bia Ferreira na súa sétima edición

O festival Maré volverá a Santiago de Compostela do 23 ao 27 de setembro...

WOS Festival completa a súa novena edición con 26 proxectos repartidos por nove espazos de Santiago

O WOS Festival x SON Estrella Galicia pechou a programación principal da súa novena...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here