InicioPOLÍTICAO PSOE acusa ao Goberno de Santiago de modificar a RPT "sen...

O PSOE acusa ao Goberno de Santiago de modificar a RPT “sen planificación” e cun informe negativo de Intervención

A concelleira socialista Marta Abal critica que o executivo local amortice sete postos da unidade creada para tramitar facturas nun contexto de pagamentos pendentes a provedores

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista denunciou este martes que a última modificación da relación de postos de traballo aprobada polo Goberno municipal evidencia, ao seu xuízo, unha falta de planificación na xestión administrativa do Concello de Santiago. A concelleira Marta Abal advertiu de que o expediente foi aprobado malia contar cun informe negativo da Intervención municipal.

Segundo explicou a edil socialista, esta modificación afecta á unidade de tramitación de facturas que o propio Goberno local puxera en marcha ao inicio do mandato. Abal lembrou que daquela o executivo de Goretti Sanmartín decidiu centralizar a xestión das facturas na Coordinación Xeral, unha medida coa que o PSOE xa amosara a súa discrepancia.

A concelleira sostén que as facturas deben ser tramitadas pola unidade que executa o gasto, ao ser esta a que coñece o contrato, o servizo prestado e o expediente correspondente. Por iso, considera que a decisión inicial do Goberno local xerou un modelo que agora o propio executivo estaría a rectificar sen ofrecer unha alternativa concreta.

Abal enmarcou esta crítica na situación económica do Concello, ao sinalar que existen máis de 15 millóns de euros en facturas pendentes, un período medio de pagamento elevado e a obriga de acudir ao Fondo Estatal para facer fronte aos pagamentos a provedores.

Neste contexto, a representante socialista criticou que o Goberno municipal amortice agora sete postos da unidade que fora creada para a tramitación de facturas. Segundo Abal, o executivo local non detallou que estrutura ou procedemento substituirá ese sistema, senón que remitiu esa definición a unha fase posterior, vinculada ao funcionamento da nova aplicación de contabilidade.

“Mentres tanto, as facturas seguen acumulándose e os provedores seguen sen cobrar en prazo”, afirmou a concelleira socialista, que cualificou a decisión como unha mostra de improvisación administrativa.

Para o PSOE, a modificación da RPT non responde ás necesidades actuais do Concello nin garante unha solución inmediata ao problema dos pagamentos pendentes. Abal incidiu en que “non se pode aprobar unha relación de postos de traballo así sen planificación, sen dar respostas reais ás necesidades do Concello e cun informe desfavorable da Intervención municipal”.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

Rosón esixe ao Concello toda a documentación sobre Fly2Galicia e acusa o goberno de non revisar a operativa

A concelleira non adscrita de Santiago Mercedes Rosón reclamou ao goberno municipal que faga...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here