InicioSANTIAGOAMESÁngel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de...

Ángel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de Medicina

O profesor e veciño de Ames ocupará a cadeira número 19 de Medicina Legal na institución, onde participará en estudos, publicacións e actividades científicas

Publicado o

Xornal de Compostela

O profesor Ángel Carracedo, veciño da parroquia amesá de Bugallido, foi elixido novo académico de número de Medicina Legal da Real Academia Nacional de Medicina de España, segundo informou o Concello de Ames. Carracedo ocupará a cadeira número 19 da institución, logo dunha votación realizada polos actuais académicos de número durante a última reunión da xunta de goberno.

A súa toma de posesión celebrarase nos próximos meses. A partir dese momento, o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela incorporarase ás funcións propias da Academia, entre elas a elaboración e revisión de estudos, investigacións e publicacións vinculadas á medicina e á saúde, así como o asesoramento en cuestións científicas e a participación nas sesións semanais de debate.

O seu traballo na institución incluirá tamén a colaboración coa revista Anales de la Real Academia Nacional de Medicina e coa actualización do Dicionario panhispánico de termos médicos, ademais doutras actividades relacionadas cos museos e coa difusión do coñecemento médico.

Carracedo mantén unha estreita vinculación con Ames, onde reside na parroquia de Bugallido. No ano 2018 converteuse no primeiro veciño do municipio en recibir a medalla do Concello de Ames, unha distinción que lle foi entregada durante os actos de celebración do Día de Galicia. O Concello destaca tamén o seu compromiso co uso da lingua galega no ámbito científico, na medicina, nos seus grupos de investigación e nas actividades divulgativas nas que participa.

Ángel Carracedo é catedrático de Medicina Legal da USC desde 1990 e dirixe desde 1998 a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, dependente do SERGAS e da Xunta de Galicia. Tamén está á fronte do Grupo de Xenómica do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC, da área de Xenética e Bioloxía de Sistemas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e do Grupo de Xenómica Traslacional do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras.

A súa actividade investigadora esténdese ademais ao Centro Nacional de Genotipado e ao programa IMPaCT Xenómica do Instituto de Saúde Carlos III. Carracedo é presidente e codirector científico da infraestrutura Innopharma e da Fundación Kaertor, así como presidente da Fundación INGADA, dedicada á atención e estudo do TDAH e doutros trastornos asociados.

Licenciado en Medicina pola USC en 1978, con premio extraordinario, doutorouse na mesma universidade en 1982, tamén con premio extraordinario. Ao longo da súa traxectoria, Carracedo participou en avances destacados no campo da xenética forense e contribuíu á estandarización e implantación da proba de ADN forense a nivel internacional.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here