InicioPOLÍTICAUCIN Galicia propón que a nova comisaría de Santiago sexa a sede...

UCIN Galicia propón que a nova comisaría de Santiago sexa a sede operativa principal da Policía Nacional en Galicia

A formación defende que a futura infraestrutura incorpore unidades especializadas, servizos tecnolóxicos e capacidade de coordinación autonómica

Publicado o

Xornal de Compostela

Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) propuxo que a futura infraestrutura policial chamada a substituír as actuais dependencias da Policía Nacional en Santiago de Compostela sexa deseñada como a sede operativa principal do corpo en Galicia, con funcións de ámbito autonómico e capacidade para converterse nun punto de referencia en materia de seguridade pública na comunidade.

O coordinador de UCIN , José Luis Calo, considera que o debate aberto arredor das instalacións policiais de Compostela debe servir para impulsar un proxecto máis ambicioso que unha simple renovación dos espazos actuais. Ao seu xuízo, a situación permite planificar unha dotación adaptada ás necesidades das próximas décadas e ao papel institucional que ten Santiago como capital galega.

“Las demandas planteadas por los sindicatos policiales evidencian que no basta con reparar o ampliar unas instalaciones que ya han quedado obsoletas. Galicia necesita una infraestructura policial de referencia para las próximas décadas y Santiago reúne todas las condiciones para albergarla”, sinalou Calo.

A formación lembra que Santiago de Compostela concentra algunhas das principais institucións galegas, como o Parlamento de Galicia, a Xunta ou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A isto engade a súa condición de destino turístico internacional e de punto final do Camiño de Santiago, factores que, segundo UCIN, incrementan a demanda de recursos vinculados á seguridade cidadá.

Nese contexto, a organización defende que a futura sede policial conte con espazos suficientes para acoller unidades especializadas, centros de coordinación, laboratorios de Policía Científica, servizos tecnolóxicos relacionados coa loita contra a ciberdelincuencia, áreas de formación permanente e medios operativos para dar resposta a grandes eventos, visitas institucionais e situacións de emerxencia.

Calo sostén que unha infraestrutura destas características permitiría mellorar tanto a capacidade de resposta policial como as condicións laborais dos axentes. Para UCIN, o investimento debería interpretarse como unha medida de planificación a longo prazo e non unicamente como unha intervención sobre unhas instalacións que consideran superadas.

“Esta inversión no debe entenderse como un gasto, sino como una apuesta de futuro para reforzar la seguridad ciudadana, mejorar las condiciones de trabajo de los agentes y garantizar una respuesta policial eficaz ante los desafíos actuales y futuros”, defendeu o coordinador da formación.

ÚLTIMAS

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

O turismo que enche Santiago non vén do Camiño: o 77 % dos visitantes non son peregrinos

O 77 % dos turistas que visitan Santiago non son peregrinos, fan un gasto...

Paula Prado afirma que o PSOE “xa non é rival” para o PP en Santiago e pide a Sanmartín medidas en limpeza e seguridade

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou este xoves que o PSOE de...

Ángel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de Medicina

O profesor Ángel Carracedo, veciño da parroquia amesá de Bugallido, foi elixido novo académico...

Paula Prado afirma que o PSOE “xa non é rival” para o PP en Santiago e pide a Sanmartín medidas en limpeza e seguridade

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou este xoves que o PSOE de...

O PSOE reclama á Xunta cambios no PIA de Mallou para evitar afeccións á veciñanza

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou á Xunta de Galicia modificacións no Proxecto...

O PP acusa o goberno de Santiago de “desaparecer” ante o conflito da limpeza nos colexios públicos

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Borja Rubio, criticou este mércores a xestión...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here