InicioMOV. SOCIAISA folga do persoal de limpeza e conserxería dos CEIP de Santiago...

A folga do persoal de limpeza e conserxería dos CEIP de Santiago mobiliza os traballadores ata Raxoi para denunciar a súa situación laboral

A CIG asegura que o paro ten un seguimento do 100% e advirte de que o conflito podería derivar nunha folga indefinida ao inicio do próximo curso se non se aplican as melloras previstas no contrato

Publicado o

Xornal de Compostela

A primeira das dúas xornadas de folga convocadas entre o persoal de limpeza e conserxería dos colexios públicos de Santiago estivo marcada este luns por unha mobilización que percorreu o centro da cidade ata a Praza do Obradoiro. Os traballadores, acompañados pola CIG, realizaron unha reivindicativa “rondalla porcona”, portando fregonas e bolsas de lixo, para reclamar melloras nas súas condicións laborais e denunciar o que consideran un incumprimento dos compromisos adquiridos pola empresa concesionaria, Lacera.

A protesta partiu ás 11:00 da Praza de Galicia e avanzou por distintas rúas do casco histórico ata chegar ao Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago. Durante a marcha, os manifestantes exhibiron unha pancarta coa lema “Non á miseria nas contratas do Concello”, nunha acción coa que buscaron visibilizar a situación do colectivo.

Segundo explicou o membro da Executiva Confederal da CIG, Paulo Rubido, o seguimento da convocatoria foi total. O representante sindical asegurou que non había persoal de limpeza traballando nos centros afectados pola folga e destacou tamén a repercusión da protesta nas actividades deportivas e extraescolares da tarde, que se viron suspendidas en diferentes instalacións municipais.

Rubido criticou a falta de avances na aplicación das condicións recollidas no novo contrato e lamentou a ausencia de comunicación por parte da empresa e das administracións implicadas. Segundo indicou, existía o compromiso de trasladar ao persoal determinadas melloras laborais e económicas que, ao seu xuízo, non se materializaron.

O conflito afecta a arredor de 45 traballadores e traballadoras, que denuncian condicións laborais inferiores ás doutros empregados da mesma compañía en servizos municipais distintos. Entre as reivindicacións figuran cuestións relacionadas coa parcialidade dos contratos, as retribucións, a carga de traballo e as prestacións en situacións de incapacidade temporal.

A folga continuará este martes, segunda e última xornada prevista inicialmente. Non obstante, desde a representación sindical non descartan ampliar as mobilizacións se non se producen avances nas negociacións. De feito, xa advirten da posibilidade de convocar unha folga indefinida coincidindo co inicio do próximo curso escolar.

Durante a mañá, representantes sindicais tamén estiveron presentes en distintos centros educativos da cidade, entre eles os CEIP Pío XII, Quiroga Palacios e Fontiñas, onde repartiron información ás familias sobre os motivos da protesta e a situación do persoal afectado.

Pola súa banda, a Consellería de Educación estableceu servizos mínimos para garantir a actividade nos centros durante as xornadas de paro. A orde fixa a presenza dun conserxe ou ordenanza en cada colexio público de infantil e primaria ao longo de todo o horario lectivo, unha medida que a Administración xustifica pola necesidade de garantir a custodia e a seguridade do alumnado.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...