InicioSANTIAGODetido en Santiago un home por agredir a outro no peito cunha...

Detido en Santiago un home por agredir a outro no peito cunha botella no Ensanche

O altercado mobilizou á Policía Local e ao persoal do 061, que trasladou unha persoa ferida ao hospital tras o incidente na rúa Fernando III o Santo.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Local de Santiago detivo este domingo a un home que, segundo fontes municipais, supostamente agrediu a outro dándolle un golpe no peito cun obxecto —en principio, unha botella—.

O incidente ocorreu pasadas as 14:30 horas na rúa Fernando III o Santo. No marco do sucedido, outra persoa tivo que ser trasladada ao hospital por parte do persoal sanitario do 061, que se mobilizou ata o punto xunto a axentes policiais.

Neste contexto, o 112 Galicia recibiu ás 14:50 horas o aviso dun particular, que explicou que ocorrera un “altercado” nesta rúa do Ensanche compostelán. Con todo, non transcenderon as causas do mesmo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...