InicioSANTIAGOPiden oito anos de cárcere para dous homes por plantarlle lume a...

Piden oito anos de cárcere para dous homes por plantarlle lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro

Os acusados mercaron un bidón de gasolina nunha estación de servizo tras serlles vetado o acceso ao local de lecer nocturno.

Publicado o

Xornal de Compostela

A sede compostelá da Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro mércores e xoves a dúas persoas acusadas de prender lume a un local de lecer nocturno en Santiago ao que lles negaron a entrada. Segundo recolle o escrito de acusación fiscal, os feitos sucederon na madrugada do 25 de xaneiro de 2023, cando os dous procesados tentaron entrar nun establecemento ao que tiñan vetado o acceso.

Cando os encargados de seguridade lles dixeron que non podían entrar, os dous procesados ameazáronos de morte e, posteriormente, tentaron prenderlle lume ao local. Para iso, desprazáronse ata unha gasolineira próxima, onde adquiriron un bidón de gasolina e entraron por unhas galerías anexas ao inmoble ata un acceso de emerxencia. Neste lugar, onde se atopaban unhas 200 persoas, deixaron o bidón e prendéronlle lume.

As chamas afectaron tanto á saída de emerxencia como ás paredes das galerías e a dous locais anexos á discoteca, aínda que non se rexistraron feridos. A Fiscalía considera estes feitos constitutivos dun delito de ameazas, así como doutro delito de incendio, e pide unha pena de prisión de oito anos para cada un dos acusados, así como a prohibición de acceder ao local durante sete anos.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...