InicioPOLÍTICAA Deputación da Coruña compromete ampliar a súa colaboración coa USC tras...

A Deputación da Coruña compromete ampliar a súa colaboración coa USC tras unha reunión entre Formoso e Crujeiras

O organismo provincial anuncia a intención de reforzar o apoio á Universidade de Santiago despois de destinar tres millóns de euros a proxectos científicos e infraestruturas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Deputación da Coruña prevé reforzar a súa colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, segundo avanzou o presidente provincial, Valentín González Formoso, tras manter un encontro coa reitora Rosa Crujeiras na sede da institución provincial.

Durante a reunión, Formoso incidiu na relación mantida entre ambas institucións e destacou o papel da nova reitora á fronte da universidade compostelá. “É a primeira muller que asume un cargo tan importante, sempre tivemos unha relación bilateral moi construtiva e traballando en todos os ámbitos”, sinalou.

O presidente da Deputación fixo balance das actuacións desenvolvidas nos últimos anos e explicou que o actual goberno provincial destinou tres millóns de euros ao apoio de diferentes proxectos ligados á actividade universitaria. Segundo detallou, os investimentos abrangueron iniciativas científicas relacionadas con ámbitos diversos, desde o sector primario ata áreas tecnolóxicas, ademais doutras actuacións vinculadas ao coñecemento e a innovación.

Tamén destacou actuacións relacionadas coa mellora de equipamentos e infraestruturas. “Participamos coa mellora de infraestruturas deportivas e culturais con tres millóns de euros desde que asumimos o goberno provincial e imos incrementar a nosa colaboración”, afirmou.

Pola súa banda, Crujeiras puxo o foco en distintos programas desenvolvidos en colaboración entre ambas entidades e resaltou iniciativas como a universidade de maiores, os programas orientados ao estímulo do talento matemático ou as accións destinadas á captación e impulso de proxectos de transferencia do coñecemento.

A reitora tamén subliñou a importancia da cooperación institucional para ampliar o impacto social da actividade universitaria. “É moi relevante contar co apoio das institucións para chegar a toda a sociedade crítica e informada e cohesionada”, destacou.

INVESTIGACIÓN INTERNA NA USC POLA EXCLUSIÓN NAS BOLSAS RAMÓN Y CAJAL

Noutra orde de cousas, a reitora Rosa Crujeiras avanzou que a institución revisará e reforzará as estruturas de apoio á xestión universitaria tras a exclusión da universidade da listaxe de centros que podían acoller persoal investigador seleccionado no programa Ramón y Cajal. Crujeiras explicou que a convocatoria foi tramitada antes da chegada do novo equipo reitoral e confirmou a apertura dunha investigación interna para esclarecer o sucedido.

A responsable académica asegurou que a análise continúa aberta e incidiu na necesidade de adoptar medidas para evitar que unha situación similar se repita no futuro. Ademais, advertiu de que esta circunstancia afecta á capacidade de desenvolvemento dos centros e departamentos de investigación da universidade, polo que a prioridade pasa por “tratar de paliar esta situación” e reforzar os mecanismos de xestión.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...