InicioPOLÍTICAO PSdeG cuestiona o modelo de comedores escolares proposto polo goberno local...

O PSdeG cuestiona o modelo de comedores escolares proposto polo goberno local e pide máis informes técnicos

Marta Abal asegura que a fórmula dunha sociedade mercantil para a xestión do servizo non está suficientemente xustificada e acusa ao executivo municipal de anticipar conclusións sen estudos completos

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do PSdeG en Compostela Marta Abal cuestionou esta mañá o modelo de xestión dos comedores escolares exposto polo goberno municipal e advertiu de que a creación dunha sociedade limitada mercantil para asumir o servizo carece, ao seu xuízo, de respaldo técnico suficiente na actualidade.

Nunha comparecencia ante os medios, a edil criticou as declaracións realizadas a pasada semana pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, sobre a futura organización do servizo, ao considerar que se trasladou como unha decisión practicamente pechada unha proposta que, segundo sostén, aínda se atopa en fase de análise dentro da comisión específica creada para estudar a cuestión.

Abal, que forma parte dese órgano, afirmou que a documentación existente presenta “lagoas moi importantes” e asegurou que aínda faltan informes e estudos que permitan determinar se a constitución dunha empresa municipal sería a opción máis adecuada para a prestación do servizo. “Non hai base técnica suficiente a día de hoxe”, sostivo.

A concelleira socialista explicou que entre as cuestións pendentes figura unha análise a medio e longo prazo sobre a evolución da demanda, a situación demográfica ou o impacto económico de distintos escenarios. Segundo indicou, o estudo dispoñible céntrase nun horizonte temporal ata 2028 e non incorpora proxeccións a dez ou quince anos nin contempla variables como o incremento do custo da enerxía, dos alimentos ou posibles cambios na demanda das familias.

Tamén puxo en dúbida algúns dos datos económicos utilizados no documento inicial. Entre outros aspectos, chamou a atención sobre o feito de que o custo da materia prima apareza equiparado tanto para un modelo de xestión directa como para outro indirecto. Segundo indicou, a orixe dalgunhas cifras empregadas “non está acreditada”.

Outra das cuestións sobre as que incidiu a representante socialista foi a xustificación do cambio de modelo en termos de calidade alimentaria. Segundo explicou, o goberno municipal vincula a proposta a unha aposta por menús saudables, produtos de proximidade e alimentación sustentable, pero defendeu que estes criterios xa están a aplicarse no sistema actual a través das condicións de contratación e das esixencias establecidas pola normativa estatal.

Neste sentido, Abal afirmou que o recente real decreto sobre alimentación saudable e sustentable nos centros educativos xa fixa criterios obrigatorios para a elaboración dos menús escolares e considerou que a mellora da calidade dos servizos pode acadarse mediante pregos, control e fiscalización sen necesidade de crear unha nova estrutura municipal.

A edil tamén criticou a evolución das propostas do BNG sobre esta cuestión ao longo dos últimos anos. Segundo lembrou, os nacionalistas defenderan inicialmente a implantación progresiva de cociñas nos propios centros educativos, posteriormente falaran de xestión directa municipal e agora propoñen unha sociedade mercantil con cociña centralizada.

Segundo sinalou, o sistema finalmente exposto polo executivo local mantería características similares ás actuais, con elaboración centralizada dos menús, compra mediante contratación pública e distribución aos centros educativos. “Todos os indicios apuntan a que se trata dun catering”, afirmou.

REFERENCIA Á VIVENDA

Durante a comparecencia, Abal ampliou as críticas ao ámbito da vivenda e asegurou que o goberno municipal debería priorizar actuacións nesta materia. A edil relacionou esta cuestión cos últimos datos sobre a evolución dos prezos na cidade e considerou que existe unha “emerxencia social” neste ámbito.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here