InicioECONOMÍASantiago reclama á Xunta unha negociación sobre a capitalidade e insiste en...

Santiago reclama á Xunta unha negociación sobre a capitalidade e insiste en que a contía debe superar os oito millóns

Goretti Sanmartín cuestiona o incremento anunciado pola Xunta, reclama o cumprimento dos compromisos adquiridos e pide unha reunión formal do Consello da Capitalidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Goberno local de Santiago mantén as súas críticas á cantidade anunciada pola Xunta en concepto de capitalidade e reclama a apertura dunha negociación formal baseada nos estudos económicos elaborados sobre as necesidades da cidade. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, asegurou que os compromisos institucionais deben materializarse mediante acordos e procesos de diálogo, e defendeu que a cidade debe percibir unha cantidade superior aos oito millóns de euros anuais.

Sanmartín sostivo que a cuestión principal non reside nun incremento puntual da achega, senón en determinar “aquilo que lle corresponde” a Santiago pola súa condición de capital de Galicia. Segundo explicou, na reunión mantida co presidente da Xunta trasladouse o compromiso de convocar unha sesión formal do Consello da Capitalidade, un órgano no que se deberían analizar os informes económicos existentes.

A rexedora lembrou que o Concello xa presentou estudos que sitúan a cifra necesaria por enriba dos oito millóns de euros e sinalou que, desde o goberno municipal, xa se asumía que o cambio non se produciría de forma inmediata. Segundo explicou, a proposta municipal pasaba por deseñar unha planificación progresiva que permitise alcanzar esa contía ao longo de varios exercicios.

Neste contexto, a alcaldesa insistiu en que a recente subida anunciada pola Xunta non responde a un proceso de negociación nin a unha análise compartida. “O problema cuestión non é agora dicir sobre o que hai ofrecéndonos algo máis, senón que é de xustiza e que nos corresponde”, afirmou.

Tamén puxo en valor o papel do executivo municipal á hora de impulsar este debate, ao considerar que a actualización da achega se produciu tras a insistencia do Concello en denunciar a insuficiencia dunha cifra que permanecía conxelada durante anos. Ao mesmo tempo, cuestionou que a Xunta non presentase informes alternativos aos estudos elaborados desde Santiago.

A alcaldesa lembrou ademais que análises realizadas anos atrás por economistas vinculados á Universidade de Santiago de Compostela xa situaban esta cantidade en arredor dos 5,5 millóns de euros, unha cifra que, segundo apuntou, quedaría hoxe superada se se aplicasen actualizacións ou se comparase coa situación doutras capitais do Estado.

Preguntada sobre a posibilidade dunha futura reunión para abordar esta cuestión, Sanmartín asegurou que o Concello mantén a súa disposición ao diálogo, aínda que recoñeceu ter “pouca esperanza” ante a falta de avances. Aínda así, incidiu en que existe un compromiso previo do presidente autonómico para analizar os estudos existentes e abordar a cuestión.

PENDENTES OS AVANCES SOBRE O MODELO DE XESIÓN DOS PARQUES

Noutra cuestión, a alcaldesa foi preguntada pola comisión encargada de definir o modelo de xestión dos parques municipais. Sobre este asunto, indicou que aínda non hai unha data fixada para a reunión, aínda que avanzou que será convocada “en breve”, unha vez rematen algúns aspectos pendentes do estudo técnico que se está ultimando.

ÚLTIMAS

O Goberno aproba obras de emerxencia por 1,6 millóns para reparar a comisaría da Policía Nacional de Santiago tras o incendio

O Consello de Ministros deu luz verde á execución de obras de emerxencia por...

Pánico na Praza Roxa: gravan un intento de agresión con navalla no centro de Santiago

Un monumental susto a plena luz do día no corazón do Ensanche compostelán. A...

O proxecto ‘Intervento’ gaña o concurso internacional para a nova iluminación da contorna da Catedral de Santiago

O acto de entrega do Concurso Internacional de Iluminación Ornamental e Artística da Contorna...

Santiago rexistra unha suba do 21,4% no prezo da vivenda e sitúase entre os maiores incrementos do Estado

O mercado inmobiliario continúa mostrando unha tendencia á alza en boa parte do Estado...

Santiago rexistra unha suba do 21,4% no prezo da vivenda e sitúase entre os maiores incrementos do Estado

O mercado inmobiliario continúa mostrando unha tendencia á alza en boa parte do Estado...

A Xunta incrementa ata os 3 millóns a achega a Santiago pola súa capitalidade en 2026

Santiago de Compostela recibirá en 2026 unha achega de 3 millóns de euros por...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here