InicioMOV. SOCIAISO colectivo okupa 'Miñoca' okupa un inmoble na rúa García Blanco de...

O colectivo okupa ‘Miñoca’ okupa un inmoble na rúa García Blanco de Santiago

O colectivo presentouse en redes sociais como un novo espazo autogestionado que "se abre coa vontade de servir tanto aos movementos sociais e de clase como aos veciños"

Publicado o

Xornal de Compostela

Un colectivo de mozos okupou nos últimos días un inmoble situado no número 2 da rúa García Blanco de Santiago de Compostela. A Policía Nacional confirmou ter constancia da okupación, a través da denuncia do propietario do inmoble, que se sitúa próximo á sala Capitol.

Baixo o nome ‘Miñoca’, o colectivo presentouse en redes sociais como un novo espazo autogestionado que “se abre coa vontade de servir tanto aos movementos sociais e de clase como aos veciños”. Así mesmo, anunciaron unha xornada de traballo aberta para colaborar na limpeza do espazo e achegar mobles ou decoración para o mesmo, este xoves ás 17.00 horas.

O CONCELLO CONFIRMA A IDENTIFICACIÓN DE DÚAS PERSOAS POR PARTE DA POLICÍA LOCAL

A preguntas dos medios na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local deste pasado luns, a portavoz municipal, Míriam Louzao, explicou que a Policía Local identificou a dúas persoas relacionadas coa okupación do edificio da rúa García Blanco, aínda que precisou que as actuacións e dilixencias abertas sobre este asunto están sendo desenvolvidas pola Policía Nacional.

Louzao indicou que o Concello mantén unha coordinación habitual co corpo estatal, pero asegurou que o goberno local non dispón de máis información sobre a investigación aberta. A portavoz sinalou tamén que as identificacións se produciron “nos últimos días”, aínda que non concretou a data exacta.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...