InicioCULTURAA RAG celebra en Santiago o pleno das Letras Galegas dedicado a...

A RAG celebra en Santiago o pleno das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño

O acto central do 17 de maio terá lugar no Teatro Principal, con intervencións de Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Víctor F. Freixanes

Publicado o

Xornal de Compostela

A Real Academia Galega celebrará este domingo, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas, dedicado nesta ocasión a Begoña Caamaño (1964-2014), xornalista, escritora e activista. O acto central do 17 de maio comezará ás 12.00 horas e será de entrada libre ata completar a capacidade do recinto. A sesión contará con intervencións académicas sobre a figura e a obra de Caamaño a cargo de Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Víctor F. Freixanes.

O presidente da institución, Henrique Monteagudo, pechará a sesión, á que lle porá música Sofía Espiñeira. A celebración, organizada co apoio do Concello de Santiago, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, poderá seguirse tamén en directo na web da RAG, academia.gal, e na súa canle de YouTube.

UNHA FESTA DA CULTURA GALEGA NACIDA EN 1963

A RAG lembra que a “gran festa da cultura galega” naceu en 1963 e que entón se elixiu como homenaxeada Rosalía de Castro, “autora fundacional das letras galegas contemporáneas”. Aquela primeira celebración coincidiu co centenario da publicación de Cantares Gallegos. “Un ano despois nacía en Vigo Begoña Caamaño, a protagonista deste 17 de maio”, remarca a institución académica, que subliña a súa faceta como escritora, ademais de xornalista e activista, ata o seu falecemento debido a un cancro cando acababa de cumprir os 50 anos.

“Pero as dúas novelas que publicou, Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), merecen un lugar destacado nas letras galegas contemporáneas, tanto polo seu valor literario e lingüístico como pola súa capacidade de reflexión sobre grandes temas universais”, salienta a institución académica. A RAG celebrou distintas actividades e propostas para todas as idades co obxectivo de lembrar a figura e a obra dunha autora que fixo da literatura, do xornalismo e do activismo unha forma de compromiso coa lingua, coa igualdade e co pensamento crítico.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...