InicioSANTIAGOEvacúan un edificio na rúa de San Pedro en Santiago por unha...

Evacúan un edificio na rúa de San Pedro en Santiago por unha fuga de gas

A rotura da acometida xeral obrigou a intervir aos Bombeiros, que procederon a ventilar o inmoble sen que se producisen danos persoais.

Publicado o

Xornal de Compostela

Os Bombeiros de Santiago interveñeron de urxencia nun edificio situado na rúa de San Pedro debido á rotura da acometida xeral do gas. O incidente, que afectou inicialmente ao primeiro e ao segundo piso do inmoble, provocou unha fuga que obrigou a evacuar o edificio por protocolo mentres os efectivos de extinción realizaban as tarefas de ventilación.

O 112 Galicia recibiu o aviso do suceso ao redor das 18:20 horas, cando un particular alertou de que escoitara un “asubío” procedente dunha tubaxe de gas no citado inmoble. Ata o lugar dos feitos desprazáronse de inmediato patrullas da Policía Local e da Policía Nacional, canda os efectivos do parque de Bombeiros compostelán.

Fontes municipais explicaron que os Bombeiros procederon a pechar a chave do gas de maneira inmediata e realizaron traballos de ventilación para rebaixar os niveis de concentración do combustible. Pasadas as 19:15 horas, a situación quedou totalmente normalizada e controlada, sen que o incidente provocase ningún tipo de dano persoal. Os profesionais permaneceron no lugar realizando as últimas comprobacións de seguridade.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...