InicioPOLÍTICAMercedes Rosón reclama ao Goberno local unha licitación urxente para garantir a...

Mercedes Rosón reclama ao Goberno local unha licitación urxente para garantir a continuidade dos comedores escolares en Santiago

A concelleira non adscrita advirte da falta de avances no novo modelo de servizo e pide un contrato transitorio antes de que remate a actual prórroga en xuño de 2026

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira non adscrita de Santiago, Mercedes Rosón, expresou a súa preocupación pola situación do servizo municipal de comedores escolares e instou ao Goberno local a activar “de maneira urxente” a licitación dun contrato de transición que permita asegurar a continuidade da prestación cando remate a actual prórroga, prevista para xuño de 2026.

Rosón advertiu da ausencia de información pública sobre avances na elaboración dun novo prego e considerou prioritario anticiparse para evitar posibles interrupcións nun servizo que definiu como esencial para a conciliación familiar e o benestar das crianzas. “Non ocultamos a nosa preocupación ante a ausencia de avances coñecidos na redacción dun novo prego para o servizo”, sinalou.

A edil subliñou que, mentres non exista unha decisión definitiva sobre o futuro modelo de comedores escolares, o Concello debería impulsar xa unha contratación provisional “coa marxe suficiente” para responder ante posibles incidencias administrativas ou problemas de execución. Nese sentido, puxo como exemplo as dificultades rexistradas noutros procesos municipais recentes, como o contrato dos centros socioculturais.

Rosón cuestionou tamén a evolución da posición do Executivo local sobre o modelo de xestión. Segundo lembrou, a proposta inicial defendida pola alcaldesa pasaba pola creación de cociñas propias en cada centro educativo, unha opción que a concelleira considera inviable. Fronte a iso, destacou que finalmente se estaría avanzando cara a unha fórmula de cociña centralizada, modelo que asegura que o seu grupo xa defendía anteriormente.

Outro dos puntos criticados foi a falta de execución das partidas orzamentarias reservadas para este proxecto. A concelleira denunciou que, malia consignarse durante dous exercicios máis dun millón de euros para o desenvolvemento desta infraestrutura, “despois de tres anos de mandato, aínda non se executou un só céntimo”.

Por todo isto, Rosón reclamou ao Goberno municipal que desbloquee a planificación do servizo, tanto na definición do modelo futuro como na preparación dun contrato transitorio que permita evitar incertezas. “Sabendo que a toma de decisións se vai demorar, debe planificarse un novo prego que sirva de transición para blindar un servizo fundamental”, concluíu.

ÚLTIMAS

A participación cidadá avala máis verde, espazo peonil e zonas de estancia para redefinir o Ensanche compostelán

O Concello de Santiago incorporará os resultados do proceso de participación cidadá sobre o...

A xustiza deixa en liberdade con medidas cautelares o home detido por unha agresión sexual nun autobús urbano de Santiago

A titular da Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia de...

O PSOE alerta da caída da vivenda nova en Santiago e reclama desbloquear solo residencial para aumentar a oferta

O Grupo Municipal Socialista de Santiago advertiu este martes da situación da vivenda na...

Tanxugueiras inaugura a Ascensión con centos de persoas no Obradoiro nunha escoita colectiva de ‘O Cuarto’

A Praza do Obradoiro acolleu este martes unha das citas máis concorridas do inicio...

A participación cidadá avala máis verde, espazo peonil e zonas de estancia para redefinir o Ensanche compostelán

O Concello de Santiago incorporará os resultados do proceso de participación cidadá sobre o...

O PSOE alerta da caída da vivenda nova en Santiago e reclama desbloquear solo residencial para aumentar a oferta

O Grupo Municipal Socialista de Santiago advertiu este martes da situación da vivenda na...

Santiago emitiu xa cen certificados de vulnerabilidade para avanzar na regularización de persoas migrantes

O Concello de Santiago xa expediu arredor dun cento de certificados de vulnerabilidade, un...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here