InicioDEPORTESUn gol de Damián Noya dá a vitoria ao Compos en Viveiro...

Un gol de Damián Noya dá a vitoria ao Compos en Viveiro pero non evita o playoff

O club compostelán venceu por 0-1 con gol de Damián Noya, pero a vitoria local en A Lomba deixouno na segunda praza

Publicado o

Xornal de Compostela

A SD Compostela certificou este domingo a segunda praza do seu grupo e terá que pasar polo playoff de ascenso a Segunda RFEF tras non poder aproveitar o tropezoo que necesitaba do líder. O cadro compostelán fixo o seu traballo en Viveiro cunha vitoria por 0-1, pero en A Lomba, o Vilagarcía remontou o seu partido e asegurou o primeiro posto e o ascenso directo.

Os composteláns saltaron ao campo de Cantarrana coa consigna clara de sumar os tres puntos e agardar noticias favorables doutro campo. Dende o inicio, o equipo amosou un dominio territorial claro, co balón nos seus pés e buscando con insistencia o marco rival.

O premio ao esforzo chegou pasado o cuarto de hora mediante unha acción a balón parado. Cañi botou unha falta ao corazón da área e Damián Noya anticipouse á defensa local e ao gardameta para rematar de cabeza e inaugurar o marcador. Con ese 0-1 no electrónico, o Compos non se conformou e seguiu a preguntar na portaría contraria sen descoidar a súa propia.

Antes do descanso, Armental estreou o poste tras unha acción individual, e Parapar non puido superar a Ayoub, que despexou con apuros unha falta botada dende a frontal do área. A pesar das oportunidades, o marcador non se moveu e os dous equipos marcharon aos vestiarios co resultado mínimo.

Na segunda metade, o guión non variou demasiado. O Compos seguiu a levar o peso do partido e buscou con maior intensidade o segundo tanto coa entrada dos suplentes. Damián Noya volveu estar a piques de marcar, mais o balón bateu no pau nun remate de córner, e Goris, nunha segunda xogada tras un rexeite do porteiro local, mandou o esférico ao largueiro. A portería de Cantarrana resistiu ata o final.

O 0-1 definitivo foi resultado suficiente para gañar en Viveiro, pero non para alcanzar o liderato, xa que o Vilagarcía remontou no seu estadio e logrou o ascenso directo. O Compos, polo tanto, quedou segundo clasificado e terá que disputar a fase de ascenso.

O playoff arrincará o próximo fin de semana e o primeiro rival dos composteláns será o Racing Villalbés, nun enfrontamento que decidirá quen continúa na loita polo salto de categoría.

ÚLTIMAS

O Pleno aborda a seguridade na cidade entre chamadas ao pacto, avisos contra o alarmismo e reclamacións de máis medios

O Pleno municipal de Santiago aprobou este xoves unha proposta dos concelleiros non adscritos...

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

Santiago acollerá en xullo os XVI Xogos do Eixo Atlántico con case 2.300 deportistas

A cidade de Santiago de Compostela será a sede dos XVI Xogos do Eixo...

A SD Compostela celebra no Concello o seu ascenso á Segunda Federación

A SD Compostela foi recibida no Concello de Santiago tras conseguir o ascenso á...

O PP de Santiago e a Fundación Andrea impulsan o primeiro Torneo Solidario Jesús Pampín

O PP de Santiago e a Fundación Andrea presentaron este mércores o I Torneo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here