InicioPOLÍTICAMuíños denuncia o bloqueo da renovación do céspede do campo de fútbol...

Muíños denuncia o bloqueo da renovación do céspede do campo de fútbol de Villestro e reclama un calendario claro de execución

O concelleiro non adscrito acusa o goberno local de paralizar actuacións deportivas comprometidas en orzamentos de 2024 e 2025, entre elas tamén o Complexo Deportivo de Santa Marta

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro non adscrito do Concello de Santiago de Compostela, Gonzalo Muíños, alzou a voz para denunciar publicamente a situación de parálise que, segundo el, afecta á renovación do céspede do campo de fútbol Suso Conde de Villestro. A demanda, que xa se formulou por primeira vez en novembro de 2023, trasladouse ás negociacións dos orzamentos municipais dos exercicios de 2024 e 2025 sen que, ata a data, se teña materializado en ningunha licitación nin en ningún paso concreto cara á súa execución.

Segundo Muíños, a instalación dá servizo a preto de 400 deportistas en idade de formación, o que converte a renovación do céspede nunha actuación que cualificou como fundamental para garantir unhas condicións axeitadas de uso e seguridade. “Un proxecto fundamental para ofrecer os equipamentos deportivos xa non de calidade, xa non seguros e acordes ás necesidades que teñen os preto de 400 rapaces que adestran nese campo, segue bloqueado”, afirmou o concelleiro, quen advertiu de que, ao non estar a licitación en marcha, resulta practicamente imposible que as obras rematen antes do inicio da próxima temporada deportiva.

DIÁLOGO CO CLUB E COS USUARIOS
Ante esta situación, Muíños reclamou ao executivo local que estableza de maneira inmediata unha canle de comunicación co club e cos usuarios do campo para transmitirlles un calendario preciso de execución. “Reclamamos ao executivo local que estableza unha canle de diálogo inmediata co club e cos usuarios do centro, para trasladar un calendario claro de cando se vai executar esta actuación, que, repito, xa acordamos facer en 2024”, sinalou o edil.

Muíños tamén apuntou que o caso do campo de Villestro non é un feito illado, senón que forma parte dun patrón máis amplo de atrasos na xestión de infraestruturas deportivas comprometidas polo goberno municipal. Como exemplo adicional citou o Complexo Deportivo de Santa Marta, outra instalación pendente de licitación e cuxo avance tamén está, segundo el, estancado. “Lamentablemente, é un exemplo máis da parálise sen sentido, o mesmo ocorre coa construción do Complexo Deportivo de Santa Marta, tamén comprometido e que xa precisa de sacar unha licitación”, indicou.

O concelleiro anunciou que levará esta cuestión ao próximo pleno municipal, onde solicitará explicacións ao goberno pola demora acumulada e esixirá transparencia sobre os pasos que se prevén dar. “Polo tanto, denunciar estes atrasos e pedir explicación ao goberno pola tardanza e transparencia nos vindeiros pasos. Así o solicitaremos tamén no vindeiro pleno”, concluíu Muíños.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here